Axuda:Etiqueta/Principios xerais

From Wikidata
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Help:Label/general principles and the translation is 86% complete.

Este é un principio xeral das etiquetas en Wikidata independente do idioma.

As etiquetas poden ser ambiguas

Pode haber varios elementos coa mesma etiqueta en Wikidata

Como está exposto arriba, unha etiqueta non ten por que ser única. As descricións axudan a que aos elementos a seren distinguibles.

Exemplos:

Usa o nome máis coñecido

Xa que o obxectivo é usar o nome polo que máis persoas coñecen un elemento, as etiquetas deberían usar o nome máis comúnmente utilizado. Tomando como exemplo os nomes científicos das especies: as etiquetas deben usar o nome común de especie, pero os elementos sempre levarán o nome científico listado como un alias. Se unha mesma especie ten moitos nomes comúns, deberíase facer un esforzo razonable para determinar o nome máis común, consultando referencias ou por outros métodos. O resto dos nomes deben ser colocados no campo de aliases xunto ao nome científico. Se unha especie non ten nome común, pode utilizarse o nome científico como etiqueta. Nótese que as razas individuais non teñen nomes científicos. Cada raza de can, desde o husky siberiano ao chihuahua, é parte da especie Canis lupus familiaris.

Exemplos:
  • A etiqueta de common sunflower (Q171497) é o nome común; pola contra, o nome científico (Helianthus annuus) é presentado como un alias.
  • Existen varios nomes comúns para association football (Q2736). O nome máis común é elixido para a etiqueta, e os outros fican listados como aliases.

Use gender neutral labels

If the label is different in the male form and in the female form, it is recommended to use a gender neutral form if it exists in common usage (i.e. use a form that applies to males and females). Avoid using the male form as a generic form when possible.

Examples :
  • firefighter (Q107711) : firefighter is gender neutral and fireman is a male form. It is better to use firefighter.

O título da páxina Wikimedia pode orientarte

Para achar o nome máis común, é unha boa práctica consultar a páxina do proxecto Wikimedia que corresponda (por exemplo, o título dun artigo en Wikipedia). En moitos casos, a mellor etiqueta para un elemento será o título da páxina correspondente nun proxecto Wikimedia ou unha variante deste título. Aínda así, hai algúns erros comúns que se deben evitar.

As aclaracións pertencen á descrición

Cando o título dunha páxina inclúe información para desambiguar, sexa por comas ou parénteses, esta información non debería estar na etiqueta no Wikidata. Por exemplo, o artigo en Wikipedia sobre Ferrol, Filipinas ten a etiqueta Ferrol (Q174591) e a descrición «municipio de Filipinas na provincia de Romblón» no Wikidata. O artigo Steve McQueen (director) corresponde a Steve McQueen (Q706475) coa descrición «director, produtor, guionista e videoartista británico». Tampouco se debe de observar esta regla cun receo excesivo. Nova York é probablemente a mellor etiqueta para un estado estadounidense na costa leste, aínda cando «Nova» for orixinalmente un tipo de desambiguación. «(6415) 1993 VR3» é a designación oficial dun asteroide. Os parénteses neste caso non son unha desambiguación. Os parénteses en «Hemsjö (norra delen)» son parte da designación que a Oficina Central de Estatísticas de Suecia asignou a esta entidade. Tampouco se poden considerar as comas en «Edshult, Hulskog, Lida och Bäck» como unha desambiguación.

Pero ten en conta que noutros espazos de nomes como «Categoría» e «Modelo» as etiquetas deben ser idénticas ás ligazóns a sitios (non se deben borrar as aclaracións), pois estes tipos de páxinas adoitan ter descricións do mesmo tipo e poden xerarse erros na API de colisións entre pares etiqueta-descrición á hora de pór descricións a outros elementos.

Omite as datas se non son significativas

Dependendo do caso concreto, as datas deberían reterse ou omitirse na etiqueta. Nos casos onde a data é esencial, como eventos deportivos programados de forma regular (2006 NBA Finals (Q170590), Switzerland at the 2008 Summer Olympics (Q128127)), tempadas do ano ou periodos no tempo (1992 Atlantic hurricane season (Q170613), 2008–09 FC Barcelona season (Q170605)) ou eventos onde a data é parte do nome común (Great Blizzard of 1888 (Q170652)), a data debería ser incluída na etiqueta. Se a data é circunstancial, non se debería incluír.

Segue as convencións do espazo de nomes Wikimedia

Os sitios Wikimedia poden conter varios tipos de páxinas fóra do espazo de nomes principal (por exemplo, páxinas en Wikipedia que non son artigos). Estas inclúen modelos, páxinas de categoría, páxinas de axuda, e páxinas especiais. Se polo xeral a páxina amósase nun sitio Wikimedia co espazo de nomes por diante, debes manter este espazo de nomes na etiqueta. Se a etiqueta comeza por «Wikipedia:», «Categoría:», «Modelo:», ou «MediaWiki:», deberías incluír tamén o título da páxina sen «Wikipedia:», «Categoría:», «Modelo:», ou «MediaWiki:» como un alias se o espazo de nomes existe en Wikidata. Isto é importante porque Wikidata ten algúns espazos de nomes idénticos aos utilizados noutros sitios Wikimedia e, en consecuencia, as buscas en Wikidata non funcionarán correctamente ao buscar un elemento coa etiqueta empeza por un espazo de nomes xa existente en Wikidata. Para ver unha lista de espazos de nomes en Wikidata, lee aquí.

Exemplos:
Etiqueta en Wikidata: Wikipedia:Política de bloqueo
Alias(es): Política de bloqueo
Etiqueta en Wikidata: Portal:Historia
Alias(es):
Wikidata non ten un espazo de nomes «Portal». En consecuencia, non cómpre engadir «Historia» como alias.