Shortcut: WD:ITEMS, w.wiki/Q

Axuda:Elementos

From Wikidata
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Help:Items and the translation is 98% complete.
Outdated translations are marked like this.

Wikidata é unha base de coñecemento libre que calquera pode editar. Ao igual ca a Wikipedia, Wikidata usa o software wiki MediaWiki, o que significa que o contido das páxinas (tal coma esta!) pode ser aumentado, modificado ou eliminado en colaboración con outras persoas. Ao contrario ca a Wikipedia, Wikidata tamén usa software Wikibase, que permite a edición colaborativa da datos estruturados.

Entendendo os elementos

Os elementos e os seus datos están interconectados.

En Wikidata, os elementos adoitan representar todas as cousas do coñecemento humano, incluíndo temas, conceptos, e obxectos. Por exemplo, as "Olimpíadas de Verán de 1988", "amor", "Elvis Presley", ou "gorila" son todos elementos en Wikidata.

Aquelas persoas familiarizadas coa Wikipedia, poden pensar de forma intuitiva que os elementos son a versión Wikidata dos artigos da Wikipedia. Se ben tanto os elementos como os artigos son páxinas para almacenar información sobre temas ou conceptos diferentes de coñecemento humano, é importante ter en conta que Wikidata non é só unha base de datos de contidos da Wikipedia. De feito, Wikidata é se cadra máis similar a Wikimedia Commons, o repositorio de ficheiros media, ca á propia Wikipedia, se ben en vez de ficheiros media, Wikidata proporciona almacenamento centralizado para un acceso a datos estruturados para todos os proxectos Wikimedia, así como para o seu uso en sitios web externos.

Hai varias características importantes sobre os elementos que contribúen ao éxito de Wikidata:

Elementos relevantes

Os elementos da Wikidata pasan por ser notábeis. Isto significa polo menos unha destas tres cousas:

  • Unha páxina correspondente a un Sitio Wikimedia como Wikipedia, Wikivoyage, Wikisource, Wikiquote, Wikiversity, ou Wikimedia Commons,
  • Unha entidade conceptual ou material claramente identificábel que pode ser descrita utilizando referencias serias e publicamente dispoñíbeis ou
  • O elemento cumpre cunha necesidade estrutural. Para máis información, bota unha ollada ao noso Políticade notalibilidade.

Elementos únicos

Os elementos tamén son únicos. Cada un debe representar un concepto ou obxecto claramente identificable ou ser unha instancia dun concepto ou obxecto claramente identificable. Por exemplo, en Wikidata podemos ter elementos para, por unha banda, o concepto de planet (Q634) e pola outra para unha instancia dun planeta.Earth (Q2).

Ligar elementos

Os elementos poden e deben tamén estar ligados entre si. Cada elemento ten un identificador único (que comeza co prefixo Q) e a súa propia páxina no espazo de nomes de Wikidata. Por exemplo, estas son as páxinas propias dos elementos que se listan máis arriba: 1988 Summer Olympics (Q8470), love (Q316), Elvis Presley (Q303) e Gorilla (Q36611). Nestas páxinas é onde se engaden, editan e se xestionan todos os datos de cada elemento, na maioría dos casos en forma de declaracións declaracións.

As paxinas tamén permiten que os elementos se conecten entre si, de xeito que todos os datos en Wikidata estean interconectados. Polo xeral engádese unha ligazón a outra páxina en forma de "propiedades" premendo en "editar", na sección Declaracións". Ver:#Adding to an existing item page.

Propiedades de uso frecuente para conectar un elemento con outro :

Exemplo:

  1. Albert Einstein's brain (Q2464312) É part of (P361): Albert Einstein (Q937).
  2. Albert Einstein (Q937) É un instance of (P31): human (Q5).
  3. human (Q5) É un subclass of (P279): mammal (Q7377).
  4. mammal (Q7377) has part(s) (P527): mammary gland (Q189961).

Fóra das páxinas do elemento, os vínculos dos elementos poden normalmente ser colocados agregando o prefixo "Q|" ao número de elemento e encerrándoo en chaves, exemplo: {{Q|8470}}1988 Summer Olympics (Q8470)

Crear un elemento novo

Crea un elemento novo escollendo "Create a new Item" no menú da esquerda
Introduce a etiqueta e descrición do elemento novo
Edita o elemento "Marie Curie"
Engadir unha ligazón do site

Guías paso a paso do fundamental para editar elementos Wikidata: Wikidata:Tours

Antes de crear unha páxina para un elemento, é unha boa idea comprobar que Wikidata non ten xa unha páxina para ese elemento. O mellor xeito de ver se Wikidata ten xa unha páxina para o elemento que desexas engadir é utilizar a procura de elemento por título.

A procura do elemento por título ten dous campos de entrada que están deseñados para buscar elementos que xa teñen unha páxina nun sitio da Wikimedia e poden estar no sistema Wikidata. O campo da esquerda ("Site:") é onde pon o idioma da páxina do sitio da Wikimedia que corresponde ao elemento que quere engadir. A maioría dos sitios da Wikimedia teñen edicións equivalentes para diferentes linguas que están representadas por un código. Por exemplo, o código para a lingua inglesa é o código en e para a lingua francesa é fr. Este código pódese atopar nas ligazóns. Así en.wiktionary.org é o Wiktionary en inglés e en.wikipedia.org é a Wikipedia en inglés, mentres que fr.wiktionary.org é o Wiktionary en francés e fr.wikipedia.org é a Wikipedia en francés. Unha captura de pantalla que mostra onde localizar un código de idioma para un sitio Wikimedia está dispoñíbel aquí.

Para o segundo campo, "Page:", tes que instalar o título exacto da páxina cando aparece na parte superior da páxina no seu sitio Wikimedia. Isto é importante para recuperar o elemento correcto porque pode haber elementos múltiples coa mesma etiqueta en Wikidata. Por exemplo, se quixeches saber se había xa unha páxina de elemento para capital (o concepto que refire a vantaxes non financeiras) en Wikidata, tes que buscar "Capital (economía)" — o título da páxina na Wikipedia — e non "Capital" que polo contrario che daría a páxina de elemento para Capital (homónimos).

Cando Wikidata ten xa unha páxina para ese elemento, a procura levarate a esa páxina.

Se falta un elemento, podes crealo. Podes facer isto con premer na ligazón proporcionada no fondo da páxina de procura do elemento por título cando unha procura non resulta ou con premer "Create a new Item" no menú da esquerda. Desde calquera ligazón, serás levado a unha páxina que che preguntará se darlle unha etiqueta e unha descrición ao elemento novo. Se utilizaches o elemento por procura de título, a interface tamén incluirá os dous campos que enchiches durante a procura. Se utilizaches a ligazón Create a new Item, non te preocupes por non telos, podes indicalos nunha etapa posterior. Cando o teñas feito, preme "Create".

Agregar datos á páxina dun elemento existente

Alén dunha etiqueta e descrición, os outros dous elementos dunha páxina de elemento que terían que ser cubertos son os aliases e as ligazóns. Estes catro elementos dunha páxina de elemento son multilingües, o que significa que son mostrados e introducidos por contribuidores para unha lingua específica. Isto tamén significa que (normalmente) terán valores diferentes para cada lingua. É tamén posíbel engadir e ver estes elementos en múltiples linguas (o que poderías facer se dominas máis dunha lingua); para máis información sobre as túas preferencias de lingua en Wikidata, mira Help:Multilingual.

Unha etiqueta é o nome máis común polo que un elemento é coñecido. As etiquetas son engadidas aos campos de texto na parte superior dunha páxina de elemento na columna "Label". Preme "edit", escribe na etiqueta, e preme "publish". Unha descrición é unha frase curta para desambiguar a páxina en cuestión doutras con etiquetas iguais ou similares. As descricións son agregadas do mesmo xeito que as etiquetas, na columna "Description. Mira Axuda:Etiqueta e Axuda:Descrición para saber máis sobre o uso das etiquetas e descricións.

Podes engadir aliases premendo o botón "edit" na parte superior dunha páxina de elemento na columna "Also known as". Serás capaz de inserir o primeiro alias no campo, co que aparecerá un segundo campo. Agrega aliases até que non teñas ningún nome máis que agregar e preme "publish". Mira Axuda:Aliases para saber máis sobre como utilizar información.

Para engadir unha ligazón a Wikidata, vai á sección(s) debaixo do encabezado(s) apropiado(s), por exemplo, "Wikipedia" ou "Wikiquote" e preme o "edit" próximo ao encabezado. No fondo do grupo da ligazón, verás dous campos vacíos: un campo á esquerda que di "wiki" e un campo á dereita que di "page" se se encheu ben o primeiro campo. O campo esquerdo é onde indicaches a lingua da páxina de sitio Wikimedia que se corresponde ao elemento. O campo dereito é onde escribiches o título da páxina cando aparece no sitio Wikimedia. Ambos os campos conteñen despregábeis para axudarche a encher a información unha vez que empezas a escribir. Cando enchiches os dous campos, preme "publish". Mira Help:Sitelinks para máis información.

Por favor, observa: Cando se preme calquera "edit" ou " add" antes de que a páxina se cargue totalmente, pode que se abra unha nova páxina cunha interface especial. Isto tamén che deixará facer os cambios pretendidos, pero é máis difícil de utilizar. Se as páxinas non aparecen como nas imaxes á dereita despois de premer "edit" ou " add", podes volver atrás, espera a que o navegador acabe de cargar a páxina (normalmente hai unha indicación sobre o navegador) e entón preme "edit" ou " add" outra vez.

Exemplos de catro campos cubertos para o elemento Marie Curie (Q7186)

Language Item Label Description Aliases Ligazón á páxina de Wikipedia
inglés (en) Q7186 Marie Curie Polish and French physicist and chemist (1867–1934) Maria Salomea Skłodowska; Marie Skłodowska-Curie Marie Curie
francés (fr) Q7186 Marie Curie physicienne et chimiste polonaise et française Maria Salomea Skłodowska herb Dołęga; Maria Skłodowska-Curie; Marie Sklodowska-Curie; Maria Skłodowska Marie Curie
polaco (pl) Q7186 Maria Skłodowska-Curie polsko-francuska uczona, noblistka z fizyki i chemii Maria Curie-Skłodowska; Marie Curie; Maria Skłodowska Maria Skłodowska-Curie


Editar unha páxina de elemento

Como se desenvolve unha páxina de elemento

Os catro campos (etiqueta, descrición, aliases, e ligazóns) son editábeis. Para editar un elemento existente, preme "edit" e introduce a información nova ou actualizada. Entón preme "publish". Se un alias ou ligazón é incorrecto, podes quitalo. Para facelo, primeiro preme en "edit" e elimina o alias ou preme a icona do lixo para elimnalo. Entón preme "publish". O elemento desaparecerá inmediatamente e será tirado da base de datos.

Documentación para elementos

O modelo {{Item documentation}} proporciona documentación para os elementos. Pode ser engadido na páxina de conversa dun elemento. Mira Talk:Q56061 para ver un exemplo para administrative territorial entity (Q56061).

Eliminar unha páxina de elemento

Só os administradores poden eliminar elementos. Os borrados fanse vía Wikidata:Requests for deletions. Pon unha razón curta.

Véxase tamén

Wikidata:Sandbox -- Isto é un areeiro para probar os cambios nos elementos.

Para páxinas de axuda relacionadas, mira:

  • Axuda:Etiqueta, que explica que son as etiquetas e que normas seguen
  • Axuda:Descrición, que explica o que son as descricións e que normas seguen
  • Axuda:Aliases, que explica o que son os aliases e que normas seguen
  • Axuda:Declaracións, que explica o que son as declaracións e que normas seguen
  • Axuda:Ligazóns, que explica o que son as ligazóns e que normas seguen
  • Axuda:Fusión, que explica como fusionar elementos (no caso de que existan ligazóns interwikis a artigos de Wikipedia en diferentes linguas sobre o mesmo tema en máis dunha páxina Wikidata)

Para orientación e información adicional, mira:

  • Project chat, for discussing all and any aspects of Wikidata
  • Wikidata:Glossary, the glossary of terms used in this and other Help pages
  • Help:FAQ, frequently asked questions asked and answered by the Wikidata community
  • Help:Contents, the Help portal featuring all the documentation available for Wikidata