Saltar ao contido

sistema

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /sis.ˈtɛ.ma̯/ (AFI)

Substantivo masculino

sistema
(sg: sistema; pl: sistemas)

  1. Teoría xeral na que se agrupan unha serie de regras, principios e ideas, entrelazadas entre si, que pretenden explicar unha materia determinada e as leis polas que se rexe.
    • Exemplo: O sistema filosófico de Platón.

  2. Conxunto organizado de elementos que forman un todo ou que teñen a mesma función.
    • Exemplo: Os sinais de circulación constitúen un sistema de signos. Un moderno sistema de defensa.

  3. Maneira propia de realizar algo.
  4. (Fisioloxía) Conxunto de órganos que interveñen en alguna das principais funcións dun ser vivo.
    • Exemplo: O sistema nervioso.

  5. (Lingüística) Conxunto estruturado de unidades relacionadas entre si que se definen por oposición, por exemplo, a lingua ou os distintos compoñentes da descrición lingüística.
    • Exemplo: Cada quen ten o seu sistema de traballo

      .
  6. (Matemáticas) Conxunto estruturado en que os seus elementos están rexidos por determinadas leis.
    • Exemplo: Sistema binario. Sistema de ecuacións.

  7. (Medicina) Conxunto de estruturas ou de órganos compostos por un mesmo tecido e dotados de funcións semellantes, que colaboran na execución de algunha acción detreminada.
    • Exemplo: Sistema óseo.

      .

Termos relacionados

por sistema, sistema adiposo, sistema adrenal, sistema amortecedor, sistema arterial, sistema astático, sistema capilar, sistema cegesimal, sistema celular, sistema cinético, sistema cristalográfico, sistema cristalino, sistema cúbico, sistema cutáneo, sistema de asociación, sistema de ecuacións, sistema de numeración, sistema de unidades, sistema decimal, sistema dentario, sistema endócrino, sistema electoral, sistema estelar, sistema exócrino, sistema experto, sistema extrapiramidal, sistema hematopoético, sistema inmunitario, sistema glandular, sistema inquisitivo, sistema internacional, sistema internacional de unidades, sistema leucoblástico, sistema límbico, sistema linfático, sistema MKS, sistema métrico decimal, sistema monoclínico, sistema muscular, sistema nervioso, sistema nervioso central, sistema nervioso ortosimpático, sistema nervioso parasimpático, sistema nervioso periférico, sistema nervioso simpático, sistema operativo, sistema ortorrómbico, sistema óseo, sistema periódico, sistema planetario, sistema properdina, sistema reticular activador ascendente, sistema retículoendotelial, sistema rómbico, sistema solar, sistema tendinoso, sistema trigonal, sistema tetragonal, sistema tributario, sistema triclínico, sistema uroxenital, sistema vascular, sistema vasomotor, sistema venoso.

Italiano

Substantivo masculino

sistema

  1. Sistema.