Saltar ao contido

retórica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «retórica».
  • Pronuncia: [reˈtɔ.ɾi.kɐ] (AFI)

Substantivo feminino

retórica (sg: retórica; pl: retóricas)

  1. (Retórica) Arte e técnica clásicas para embelecer a expresión oral e a escrita, de acordo a unhas regras que teñen a súa orixe na Grecia antiga co obxectivo de deleitar, persuadir ou conmover. Tradicionalmente está estruturada arredor dos conceptos de inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio. Hoxe en día a arte e a técnica para embelecer a expresión oral e a escrita chámaselle estilística.
  2. (Retórica) A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra. A retórica foi evolucionando durante os séculos, en momentos considerada por certos autores como parte da gramática, ata chegar co seu campo de estudo é agora o da estilística.
  3. Xeito de falar enfático.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

retórica (sg: retórica; pl: retóricas)

  1. (Lingüística) Retórica.


Portugués

Substantivo feminino

retórica (sg: retórica; pl: retóricas)

  1. (Lingüística) Retórica.