paleo-
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo παλαιός (palaiós), 'antigo', 'vello').
- Pronuncia: /pale̯o-/ (AFI)
paleo-
- Definición impropia: Elemento de formación de palabras de orixe grega, usado na construción de numerosos termos co significado de antigo.
Termos relacionados
- paleoantropoloxía, paleoasiático, paleobatimetría, paleobioloxía, paleobiolóxico, paleobioxeografía, paleobotánica, paleocarst, paleocénico, paleoclima, paleoclimatoloxía, paleocorrente, paleocristián, paleoecoloxía, paleoendemismo, paleoespecie, paleografía, paleoicnita, paleoicnoloxía, paleolítico, paleólogo, paleoloxía, paleomagnetismo, paleomastoloxía, paleomelanesio, paleomongoloide, paleonegroide, paleoníscido, paleontografía, paleontográfico, paleontólogo, paleontoloxía, paleontolóxico, paleopatoloxía, paleopedoloxía, paleoprotozoico, paleopsicoloxía, paleorrelevo, paleosalinidade, paleosiberiano, paleosolo, paleotemperatura, paleoterio, paleotropical, paleóxeno, paleoxeografía, paleoxeoloxía, paleozoico, paleozooloxía