natureza
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de natura.
- Pronuncia: [na.tuˈɾe.θɐ] (AFI)
natureza (sg: natureza; pl: naturezas)
- Conxunto de tódalas cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven.
- Exemplo: A natureza fornécenos do necesario para vivir. Gusto de vivir en contacto coa natureza.
- Observacións: en ocasións considérase entidade activa: Mira o peteiro deste paxaro. Está claro que a natureza é sabia.
- Exemplo: A natureza fornécenos do necesario para vivir. Gusto de vivir en contacto coa natureza.
- Conxunto das propiedades que definen unha persoa ou cousa.
- Exemplo: O can de San Bernardo é de natureza dócil.
- Exemplo: O can de San Bernardo é de natureza dócil.
- Carácter, índole, temperamento dunha persoa ou cousa.
- Condición de natural dun país ou comunidade.
- Exemplo: Aínda que non o creas, eu son galego de natureza.
- Sinónimos: orixe.
- Exemplo: Aínda que non o creas, eu son galego de natureza.