Saltar ao contido

manga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «manga».

manga1

Substantivo feminino

manga (sg: manga; pl: mangas)

  1. Parte dunha vestimenta que cobre o brazo ou parte del.
  2. Mangueira.
  3. Ancho dunha embarcación.
  4. Utensilio que se emprega para filtrar líquidos, que semella un funil de tea.
  5. Manga pasteleira.

Termos relacionados

Traducións

Unha manga.

manga2

Substantivo feminino

manga (sg: manga; pl: mangas)

  1. (Alimentación) (Botánica) Froita da mangueira (Mangifera indica), de orixe asiática, da que existen distintas variedades. De forma ovoide, polpa carnosa e de sabor doce. De cor verde nun principio, amarela ou alaranxada cando está madura, de sabor medianamente acedo cando non madurou completamente.

Traducións

Véxase tamén

manga3

Substantivo masculino

manga (sg: manga; pl: mangas)

  1. Banda deseñada xaponesa.

Termos relacionados