lixa
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈliʃa̝/ (AFI)
lixa (sg: lixa; pl: lixas)
- Papel que ten incrustado materiais duros como area, po de vidro, que serve para puír.
- Sinónimos: papel de lixa.
- Termos relacionados: lixar.
- (Ictioloxía) Nome vulgar de peixes condrictios pertencentes ao xénero Centrophorus, pequenos tiburóns escualiformes da familia dos centrofóridos (Centrophoridae).
- Termos relacionados: lixa de lei, lixa lusitánica, lixa negra.