landra
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de orixe incerta.
- Pronuncia: /ˈlandɾa̝/ (AFI)
landra (sg: landra; pl: landras)
- (Botánica) Froito propio dos carballos, e de todas as especies do xénero Quercus, da familia das fagáceas, como son o carballo común (Quercus robur) e outras árbores semellantes como a aciñeira ou a sobreira. É un froito anual, un aquenio de forma ovalada, lustroso e de cor verde que se torna parda no outono, de entre 2 e 4 cm de longo e de 0,8 a 1,8 cm de diámetro. Está cuberta pola parte posterior polo cascabullo, un caparucho formado por unha casca dura, unida á árbore.
- Exemplo: As landras serven de alimento para os porcos
.
- Exemplo: As landras serven de alimento para os porcos
Sinónimos
• belota