Saltar ao contido

imperio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «imperio».

Substantivo masculino

imperio (sg: imperio; pl: imperios)

  1. Un imperio é unha organización política dun estado con dominio sobre varios países ademais do propio, gobernado por un emperador.
    • Exemplo: No século XVI España era un imperio

      .
  2. Conxunto dos territorios que rexe un estado imperial.
    • Exemplo: O imperio de Napoleón comprendía gran parte dos estados de Europa.

  3. Conxunto dos países que se atopan reunidos baixo esa organización.
    • Exemplo: Roma foi o centro dun grande imperio

      .
  4. Época durante a cal exerceu o mando un emperador ou en que un estado tivo esa organización política.
    • Exemplo: Durante o imperio de Napoleón, Francia foi a primeira potencia de Europa. A Roma da república e a Roma do imperio

      .
  5. Por extensión, o termo pode referirse tamén á etapa histórica onde un país tomou esta política, ou ben a potencia que exerce unha forte influencia política, económica e cultural.
  6. Empresa ou grupo de empresas que alcanzan unha grande expansión.
    • Exemplo: Comezou cun pequeno negocio e hoxe é dono dun imperio

      .

Termos relacionados