Saltar ao contido

feo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «feo».

feo1

  • Pronuncia: [ˈfe.ʊ] (AFI)

Substantivo masculino

feo (sg: feo; pl: feos)

  1. (Botánica) Planta anual da familia das gramíneas ou poáceas, Aira caryophyllea, de caules finos, erectos, de até 40 cm, follas lineares e panículas laxas, con espiguiñas que conteñen dúas flores, que vive en terreos silíceos.
  2. (Botánica) Nome común de distintas especies de plantas herbáceas.
    • Exemplo: Feo bravo. Feo gris.

  3. Herba de prado segada e secada ao sol, que se almacena para alimentar ao gando durante o inverno.

Locución substantiva masculina

Moitas gramíneas son excelentes fixadoras de dunas. Na imaxen pode verse unha destas especies, Ammophila arenaria, en Grenen, Dinamarca.

Traducións

Véxase tamén

http://calphotos.berkeley.edu/imgs/128x192/0000_0000/0404/0406.jpeg

feo2

  • Etimoloxía: do latín foedus, feo, repugnante, vergonzoso.
  • Pronuncia: [ˈfe.ʊ] (AFI)

Adxectivo

feo (ms: feo; mpl: feos; fs: fea; fpl: feas)

  1. Persoa ou cousa de aspecto desagradable.
    • Exemplo: Vaia mozo feo que fuches buscar!.

  2. Condenable, repugnante, indigno.
    • Exemplo: Facer iso estivo moi feo, a verdade.

  3. (Figurado) Malo, complicado, preocupante.
    • Exemplo: O futuro da construción está cada día máis feo.

Substantivo masculino

feo (sg: feo; pl: feos)

  1. (Figurado) Desprezo, humillación.
    • Exemplo: Fíxolle un feo e deixou de falarlle.

Sinónimos

Traducións

Expresión


Castelán

  • Pronuncia: [ˈfe.o] (AFI)

Adxectivo

feo (ms: feo; mpl: feos; fs: fea; fpl: feas)

  1. Feo.

Termos relacionados

Expresión