Saltar ao contido

estudo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Cómpre non confundir con estudio, o local onde traballa un profesional.
Alumno a estudar.

O estudo é unha obra ou traballo científico, artístico, ou doutro tipo, no que o autor ten como obxectivo principal estudar ou afondar nun tema determinado. O termo emprégase en plurar para se referir ao conxunto de materias que se aprenden, e actividades que se realizan durante a formación nun centro de ensino.

Tamén se denomina estudo ao esforzo intelectual e tempo que unha persoa gasta para coñecer e comprender algunha cousa e obter o coñecemento.[1]

Na arte denomínase estudo á obra, bosquexo, debuxo ou pintura, que se realizan como exercicio ou como ensaio da obra definitiva.

Notas

[editar]
  1. estudo no Dicionario da Real Academia Galega.