estalote
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /es.taˈ.lɔ.te̝/ (AFI)
estalote (sg: estalote; pl: estalotes)
- (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea Linné, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.
Sinónimos
abeluria, abrula, baloca, baloco, baloco negro, borleta, chopo, chopo negro, croque, dedal, dedaleira, dixital, dixital purpúrea, estalo, estraloque, folla de sapo, herba da cobra, herba de san Xoán, herba dos troques, milicroque, sanxoán, troque.