Saltar ao contido

efectivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /e.feɣ̞.'t̪i.β̞o/ (AFI)

Adxectivo

efectivo (sg: efectivo; pl: efectivos)

  1. Que é de real, en oposición a quimérico, dubidoso ou nominal.
    • Exemplo: Valor efectivo dunha moeda.

  2. Que produce o efecto desexado.
    • {{exemplo|Os continuos ataques do equipo non foron efectivos: no marcaron nin un gol. Un medicamento efectivo. SINÓNIMO eficaz
  3. Dito dun emprego ou dun cargo, que forma parte do cadro de persoal, en contraposición ao interino, o supernumerario ou o honorífico.
    • Exemplo: O persoal efectivo da empresa

      .
  4. (Exército) Número de individuos que ten unha unidade militar.
    • Exemplo: Entre permisos e baixas por enfermidade, a batería só temos sesenta efectivos.

  5. Dito do diñeiro, en moedas ou billetes.
    • Exemplo: Non temos efectivo para pagar todas as débedas.

Substantivo masculino plural

efectivos

  1. (Exército) Totalidade das forzas militares que están baixo un mando.
    • {{exemplo|O coronel informou ao xeneral da brigada que dispón dos efectivos suficientes para esa operación.
  2. Conxunto de persoas que integran o cadro de persoal dun taller, dunha oficina, dunha empresa, etc.
    • Exemplo: Co aumento dos pedidos habería que aumentar os efectivos da carpintaría

      .

Termos relacionados

bloqueo efectivo, en efectivo, facer efectivo.