eco
Aparencia
Grafías semellantes: eco- , éco- |
Galego
- Etimoloxía: de latín echo, e este do grego antigo ἠχώ (ēchṓ), co mesmo significado.
- Pronuncia: /ˈɛko̝/ (AFI)
eco (sg: eco; pl: ecos)
- (Física) Repetición dun son producida ao seren reflectidas as súas ondas por un obstáculo.
- (Física) Onda electromagnética reflectida de tal modo que se percibe como distinta da orixinalmente emitida.
- (Figurado) Son que se escoita confuso e apagado.
- (Figurado) Noticia vaga e imprecisa acerca dun suceso ou situación.
- (Figurado) Efecto ou efectos que causan algo sobre unha persoa ou cousa.
- Exemplo: As palabras do presidente non tiveron moito eco nos empresarios.
- Sinónimos: repercusión, resonancia.
- Exemplo: As palabras do presidente non tiveron moito eco nos empresarios.