Saltar ao contido

cornamenta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kɔɾnaˈmenta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

cornamenta (sg: cornamenta; pl: cornamentas)

Vaca cachena, caracterizada pola súa cornamenta.
  1. (Zooloxía) Conxunto dos dous cornos dunha res, así como a súa disposición.
    • Sinónimos: corna, encornadura.
    • Exemplo: A cornamenta da vaca cachena é desproporcionadamente grande, con cornos en lira alta e aberta, brancos ou de cor ámbar e coa punta negra.

Traducións