Saltar ao contido

cocido

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cocido».
  • Pronuncia: /koˈθi.ðo̝/ (AFI)
  • Homófonos: cosido (en falas con seseo).

Substantivo masculino

cocido (sg: cocido; pl: cocidos)

  1. (Alimentación, gastronomía) Comida, constituída fundamentalmente de carne de porco, vaca e galiña, touciño, chourizos, fabas, patacas e verduras, cocido todo en auga.
    • Exemplo: Uns días antes de morrer mandara preparar un cocido con xamón, cachucha e carne fresca.[CORGA]

    • Exemplo: E no país, hai viños excelentes para acompañar un cocido.[CORGA]

    • Sinónimos: cocido galego

Traducións

Adxectivo

cocido (ms: cocido; mpl: cocidos; fs: cocida; fpl: cocidas)

  1. Que se coceu.
    • Exemplo: Pedimos sopa de verduras e chinchos en escabeche con patacas cocidas.[CORGA]

    • Exemplo: O outro día andaba comendo un anaco de touciño cocido.[CORGA]

Traducións