anfisbena
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín amphisbaena, e este do grego ἀμφίσβαινα (amphísbaina) (que vai en dúas direccións)
anfisbena (sg: anfisbena; pl: anfisbenas)
- (Mitoloxía) Animal mitolóxico en forma de serpe cunha cabeza en cada extremo do corpo.
- Exemplo: As anfisbenas aparecen representadas en moitas miniaturas medievais.
- Exemplo: As anfisbenas aparecen representadas en moitas miniaturas medievais.
- (Zooloxía) Réptil da familia dos anfisbénidos, de pequeno tamaño, que vive baixo terra, sen cabeza diferenciada da cola e que se despraza tanto nun sentido como no contrario.
- Exemplo: Aínda que son comúns en África e Sudamérica, algunhas especies de anfisbenas poden observarse na metade sur da península ibérica.
- Sinónimos: cobra cega
- Exemplo: Aínda que son comúns en África e Sudamérica, algunhas especies de anfisbenas poden observarse na metade sur da península ibérica.