ambiente
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín ambĭens, -entis (o que rodea ou envolve).
- Pronuncia: /amˈbjɛnte̝/ (AFI)
ambiente (sg: ambiente; pl: ambientes)
- Que rodea un corpo ou constitúe o medio no que se está.
- Exemplo: Queres a auga fría ou a temperatura ambiente?
- Exemplo: Queres a auga fría ou a temperatura ambiente?
ambiente (sg: ambiente; pl: ambientes)
- Aire do que se está rodeado e que se respira.
- Exemplo: O ambiente das cidades peligra por culpa da contaminación.
- Exemplo: O ambiente das cidades peligra por culpa da contaminación.
- Conxunto de circunstancias que rodean as persoas, animais, vexetais ou cousas.
- Exemplo: O oso panda non se pode desenvolver fóra do seu ambiente.
- Exemplo: O oso panda non se pode desenvolver fóra do seu ambiente.
- (Ecoloxía) Conxunto das circunstancias ou condicións que rodean un organismo ou unha comunidade de organismos e que comprende, por tanto, os numerosos factores que inflúen en todo sistema biolóxico, tanto abióticos coma bióticos, interactuando entre si de modo complexo.
- Exemplo: O ambiente dos dromedarios é o deserto.
- Sinónimos: medio, medio ambiente.
- Exemplo: O ambiente dos dromedarios é o deserto.
- (Xenética) Conxunto dos factores externos (físicos, químicos ou biolóxicos) que actúan sobre os xenes dun organismo.
- Exemplo: O fenotipo é a expresión do xenotipo modificada polo ambiente.
- Exemplo: O fenotipo é a expresión do xenotipo modificada polo ambiente.
- (Xeoloxía) Conxunto das circunstancias materiais (substancias concomitantes, grao de saturación, etc.) e enerxéticas (temperatura, radioactividade, etc.) en que se desenvolve a xénese dun mineral.
- Exemplo: Cada mineral é estábel só no ambiente no que se formou.
- Exemplo: Cada mineral é estábel só no ambiente no que se formou.
- (Figurado) Conxunto de condicións ou circunstancias de algún tipo no ámbito das cales vive unha persoa.
- (Figurado) [Lugar] no que hai alegría, animación, bo humor, etc.
Observacións
- Segundo se pode decucir da definición de medio, a locución medio ambiente (da 3ª acepción) resulta redundante; contodo, é moi frecuentemente empregada, mesmo por institucións como o Ministerio do medio ambiente, a Consellería de medio ambiente, etc.
Termos relacionados
- Ambiente aberto, ambiente agresivo, ambiente biótico, ambiente de deposición, ambiente desértico, ambiente lacustre, ambiente litoral, ambiente mariño, ambiente natural, ambiente palustre, ambiente salino, ambiente salobre, ambiente sedimentario, ambiente xenético, ambiente xenotípico, medio ambiente.