albergue
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués albergue, quizais do occitano antigo albergue, do gótico *𐌷𐌰𐍂𐌹𐌱𐌰𐌹𐍂𐌲𐍉, *haribaírgo "aloxamento", de hariis ("exército") e bairgan ("aloxar").
- Pronuncia: /alˈβɛɾɣe̝/ (AFI)
albergue (sg: albergue; pl: albergues)
- Lugar que dá aloxamento, onde pousa ou se refuxia un viaxeiro.
- Establecemento hoteleiro que presta certos servizos turísticos.
- Espazo benéfico habilitado para acoller a persoas necesitadas.