Saltar ao contido

Estudo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Modelo:Véxase tamén

O estudo é o esforzo intelectual que se aplica para coñecer e comprender algunha cousa, así como o conxunto de técnicas e estratexias necesarias para adquirir os coñecementos dunha disciplina ou materia determinada, e as relacións entre este e outros coñecementos.

Tamén se denomina así á obra na que un autor trata e investiga un asunto concreto.[1] Así mesmo recibe este nome a obra (bosquexo, debuxo ou pintura) que un artista realiza como un exercicio ou ensaio da obra definitiva.[1]

En plural, os estudos refírense ao conxunto das materias que se aprenden e as actividades que se realizan durante a formación nun centro de ensino.[1]

Por outra parte, en música denomínase estudo unha composición musical para exercitar unha habilidade técnica específica na execución dun instrumento solista.

Notas

[editar]

Modelo:listaref

Véxase tamén

[editar]

Outros artigos

[editar]
  1. 1,0 1,1 1,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para Estudo.