Saltar ao contido

Humphry Davy

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Humphry Davy
Humphry Davy
Humphry Davy
Véxase tamén...
Artigo na Galipedia
Multimedia en Wikimedia Commons

Sir Humphry Davy (17 de decembro de 1778 - 29 de maio de 1829), foi un químico británico que descubriu varios elementos químicos e estudou a resposta do corpo humano á electricidade. Xeralmente atribúeselle a invención da lámpada de seguridade dos mineiros, a pesar de que George Stephenson tamén demandou a invención.


  • «Nada é tan fatal para o progreso da mente humana como supoñer que os nosos puntos de vista sobre a ciencia son os derradeiros, que non hai misterios na natureza, que os nosos triunfos son completos, e que non hai novos mundos que conquistar».[1]
  • «Afortunadamente, a ciencia, ao igual que a natureza á que pertence, nin está limitada polo tempo nin polo espazo. Pertence ao mundo, e non é de ningún país nin de ningunga idade. Canto máis sabemos, máis sentimos a nosa ignorancia, máis sentimos todo o que segue sendo descoñecido; e na filosofía, non se pode aplicar o sentimento do heroe macedonio, - sempre hai novos mundos que conquistar».[2]
  • «Non envexo ningunha cualidade da mente ou do intelecto dos demais, nin o xenio, o poder, o enxeño, nin a fantasía, pero, se teño que escoller a que sería máis deliciosa, e segundo creo, máis útil para min, eu preferiría unha firme crenza relixiosa máis que todas as demais bendicións».[3]
  • «Cada descubrimento abre un novo campo para a investigación dos feitos, móstranos a imperfección das nosas teorías. Díxose oportunamente, que canto maior é o círculo de luz, maior é o límite da escuridade que o arrodea».

Notas

[editar]
  1. Citado por David Knight (1998). Humphry Davy: la ciencia y el poder. Cambridge University Press. páx. 87. ISBN 0-521-56539-1.
  2. Discurso pronunciado na Royal Society (30 de novembro de 1825)
  3. Citado en: Josías Hotchkiss Gilbert, Diccionario de palabras ardientes de brillantes escritores (1895), páx. 241.