Saltar ao contido

House

En Galicitas, o Wikiquote en galego.

House é unha serie norteamericana que se emite desde 2004.


Episodio 1.01

[editar]

House: Velo? Todos pensan que son un doente polo bastón. Wilson: Logo pon unha bata como facemos o resto. House: Non quero que pensen que son médico.

Rebecca Adler: Quero morrer con algo de dignidade. Dr. House: Non se pode. Os nosos corpos rompen, ás veces cando temos noventa, outras veces mesmo antes de nacer, pero pasa sempre e non hai dignidade niso. E non importa se ti podes andar, ver ou limpar o propio cu. Sempre é feo, sempre. Nós podemos vivir con dignidade pero non podemos morrer con ela.

Episodio 1.06

[editar]

Lucas Palmero: Este é un bo hospital? Dr. House: Depende do que entendas por bo. (mira en rededor) A min gústanme esas cadeiras.