Antón Fraguas
Aparencia
Antón Fraguas |
---|
Artigo na Galipedia |
Multimedia en Wikimedia Commons |
Textos en Galifontes |
Antón Fraguas Fraguas (Cotobade 1905 - Santiago de Compostela 1999), foi un destacado historiador e antropólogo galeguista.
- Vaia o meu fondo, pero moi fondo, o máis fondo que pode ser un sentimento de agradecido, pero reparen que eu non son merecente de semellante lembranza, lembranza nominal de rúa, non, porque eu non fixen mais que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade. — Santiago de Compostela. 28/5/1986.[1]
- O galeguismo político deixeino totalmente. A política non me gusta, e emporiso non tomo parte nela. No eido cultural, sempre procurei ensina-las cousas de Galicia. Houbo rapaces que souberon por min que Galicia tiña ríos, fíxenlles esperta-lo interese por conceptos coma a economía do seu pobo, dos que antes nin oíran falar. E con ese labor seguín.[2]
- A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia.[3]
- Os que estamos vivos eu aseguro, sempre, que foi por un verdadeiro miragre. Eu fun un dos que saíron nas citacións do periódico Faro de Vigo: “Antonio Fraguas Fraguas, comparecerá en el Juzgado Militar de Pontevedra”.[4]
Na súa obra literaria
[editar]- Orfo de moradores viveu diante da ameazante soma do ciprés. Na solaina morneada por ligeiros lóstregos de sol, sebulían nos musgos as coitas dos pajariños i-os recordos da fidalguía esvaíanse no quinteiro d'un jardín blasoado por mans garbosas de donaires pimaveirás [...] — "O pazo", 1933, Universitarios nº 2. p. 9.[5]
Sobre el
[editar]- "O primeiro campesiño ilustrado", chamouno alguén con indubidable acerto. Porque don Antonio permaneceu fiel ás súas raíces. Desde os primeiros días en Loureiro de Cotobade, que o viu nacer, ata os derradeiros no Santiago que o veu finar, a súa fala e as súas preocupacións foron flor da nosa máis fonda intimidade ancestral, dos modos máis primixenios e tradicionais da nosa cultura. — Andrés Torres Queiruga.[6]
- Fraguas falaba e escribía en Lingua Galega, cando as circunstancias –o medio ou os destinatarios dos seus traballos- non esixían outra linguaxe. Non facía do idioma un sacramento obrigatorio porque sabía perfectamente que o importante é o que se quere comunicar, e non tanto o vehículo expresivo empregado. — Manuel Xesús Precedo Lafuente.[1]
Notas
[editar]- ↑ 1,0 1,1 AAVV (2006). Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Museo do Pobo Galego / Xunta. ISBN 978-84-88508-39-3.
- ↑ Latas, Ramón (1995). "Antón Fraguas Fraguas: Cronista Oficial de Galicia". Encrucillada (95): 498/56. ISSN 1131-6519.Latas&rft.chron=1995&rft.genre=article&rft.issn=1131-6519&rft.issue=95&rft.jtitle=Encrucillada&rft.pages=498/56&rft_id=http://encrucillada.gal/index.php?o=downloads&i=1137&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ González Pérez, Clodio (1998). Antonio Fraguas: profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo. Galego de ben. Ir Indo. ISBN 84-7680-274-9.González Pérez&rft.btitle=Antonio Fraguas: profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo. Galego de ben&rft.genre=book&rft.isbn=84-7680-274-9&rft.pub=Ir Indo&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
- ↑ Nos 1 e 2 de Universitarios Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- ↑ Torres Queiruga, Andrés (1999). "Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999)". Encrucillada (115): 505/65–506/66. ISSN 1131-6519.Torres Queiruga&rft.chron=1999&rft.genre=article&rft.issn=1131-6519&rft.issue=115&rft.jtitle=Encrucillada&rft.pages=505/65-506/66&rft_id=http://encrucillada.gal/index.php?o=downloads&i=1156&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
|