Saltar ao contido

Zophobas morio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zophobas morio

Larva de Z. morio
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Tenebrionidae
Xénero: Zophobas
Especie: Zophobas morio
(Fabricius, 1776)
Sinonimia
  • Tenebrio morio Fabricius, 1778
  • Helops morio (Fabricius 1777)
  • Zophobas atratus (Fabricius, 1775)
  • Tenebrio atratus Fabricius 1775
  • Zophobas rugipes (Kirsch, 1866

Zophobas morio é unha especie de escaravello da familia dos tenebriónidos. As súas larvas son comúns como alimento de réptiles en catividade, xunto coas do Tenebrio molitor.

As larvas lembran ás de Tenebrio molitor, son duns 50 a 60 mm de longo cando chegan ao seu máximo tamaño, pero a diferenza das de T. molitor, os extremos dos seus corpos son moi escuros, case de cor negra. Unha vez que chegan ao tamaño máximo, as larvas pupan, e posteriormente saen transformadas en escaravellos grandes que ao principio son de cores claras, pero que despois escurecen ata ser negras. As larvas non pupan se se manteñen nun contedor con moitas outras larvas e abundancia de comida, onde reciben un contacto corporal constante. Manter as larvas desta maneira utilízase comunmente para atrasar a pupación. As larvas maduras deben manterse soas uns 7–10 días. Entón, despois da pupación, saen convertidas en escaravellos adultos.[1]

As larvas son aceptadas como comida por lagartos, tartarugas, ras, píntegas, aves, carpas koi e outros animais insectívoros. Os seus valores nutricionais son similares aos dos T. molitor, polo que é posible facer unha suplementación con calcio se cómpre se se van usar como alimento principal. As larvas non desprenden cheiros (pero os escaravellos adultos posén unha punxente defensa química que poden liberar se os provocan), e poden ser doadamente mantidos en contedores, facendo que sexan ideais para crialos en casa para alimentar animais insectívoros en catividade. O perfil nutricional das larvas é "46,80% de proteínas, 43,64% de lípidos, 8,17% de cinzas e 1,39% de carbohidratos."[2]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Vive en rexións tropicais de América Central e do Sur, pero estendeuse polo mundo polo seu uso como comida para réptiles e outros animais insectívoros en catividade.

Relacións con humanos

[editar | editar a fonte]

Alimento para animais

[editar | editar a fonte]

Xunto coas larvas de T. molitor, as de Zophobas morio son amplamente usadas como alimento para animais de compañía insectívoros.

Teñen un alto contido en proteínas e graxas, o que os fai atractivos como alimento para réptiles cativos, anfibios, peixes e aves. A súa capacidade de permanecer vivos sen comer durante 1–2 semanas fai moi doado a súa dispoñibilidade comercial en todo o mundo. Porén, deben manterse a temperatura cálida, xa que, a diferenza das larvas de T. molitor, non entran en hibernación. Morden ao collelos, pero a trabada non é moi dolorosa.

Axentes de eliminación do lixo

[editar | editar a fonte]

En 2016, un grupo de estudantes do Ateneo da Universidade de Manila descubriron que as larvas de Zophobas morio poden ser usadas para a degradación do lixo, xa que poden consumir escuma de polistireno expandido. O estudo comparou as grandes larvas de Z. morio coas de T. molitor, que foran anteriormente utilizadas nun estudo de Stanford sobre a degradación do polistireno.[3][4][5] O estudo anterior atopara que para unha mesma cantidade de lixo, as larvas de Z. morio podían consumir maiores cantidades de polistireno durante maiores períodos de tempo.

  1. Rumbos, C I; Athanassiou, C G (2021-04-09). "The Superworm, Zophobas morio (Coleoptera:Tenebrionidae): A 'Sleeping Giant' in Nutrient Sources". Journal of Insect Science 21 (2). PMC 8033247. PMID 33834209. doi:10.1093/jisesa/ieab014. Consultado o 2021-05-23. 
  2. Soares Araújo, Rafael Ribeiro; dos Santos Benfica, Tatiana Aparecida Ribeiro; Ferraz, Vany Perpetua; Moreira Santos, Eleonice (marzo de 2019). "Nutritional composition of insects Gryllus assimilis and Zophobas morio: Potential foods harvested in Brazil". Journal of Food Composition and Analysis 76: 22–26. doi:10.1016/j.jfca.2018.11.005. 
  3. Jordan, Rob (29 de setembro de 2015). "Plastic-eating worms may offer solution to mounting waste, Stanford researchers discover". Stanford News Service. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de maio de 2020.  Arquivado 20 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
  4. Aumentado, Dominic. "A Comparative Study of the Efficacy of Tenebrio molitor larvae and Zophobas morio larvae as Degradation Agents of Expanded Polystyrene Foam.". Academia. Consultado o de maio de 2020. 
  5. "It's a 'horrible plastic' — and these 'superworms' can grow from eating it". ABC News. 9 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Freye, Henry B.; Esch, Robert E.; Litwin, Catherine M.; Sorkin, Louis (1 de xullo de 1996). "Anaphylaxis to the Ingestion and Inhalation of Tenebrio molitor (Mealworm) and Zophobas morio (Superworm)". Allergy and Asthma Proceedings 17 (4): 215–9. PMID 8871741. doi:10.2500/108854196778996903. 
  • Leung, Dong; Yang, Depo; Li, Zhuoxue; Zhao, Zhimin; Chen, Jianping; Zhu, Longping (5 de xaneiro de 2012). "Biodiesel from Zophobas morio Larva Oil: Process Optimization and FAME Characterization". Industrial & Engineering Chemistry Research 51 (2): 1036–1040. doi:10.1021/ie201403r. 
  • Prado, R. A.; Santos, C. R.; Kato, D. I.; Murakami, M. T.; Viviani, V. R. (2016). "The dark and bright sides of an enzyme: a three dimensional structure of the N-terminal domain of Zophobas morio luciferase-like enzyme, inferences on the biological function and origin of oxygenase/luciferase activity". Photochemical & Photobiological Sciences 15 (5): 654–665. PMID 27101527. doi:10.1039/C6PP00017G. 
  • Latney, La'Toya V.; Toddes, Barbara D.; Wyre, Nicole R.; Brown, Dorothy C.; Michel, Kathryn E.; Briscoe, Johanna A. (febreiro de 2017). "Effects of various diets on the calcium and phosphorus composition of mealworms (Tenebrio molitor larvae) and superworms (Zophobas morio larvae)". American Journal of Veterinary Research 78 (2): 178–185. PMID 28140633. doi:10.2460/ajvr.78.2.178.