Zooarqueoloxía
A zooarqueoloxía ou arqueozooloxía é a disciplina que se encarga do estudo dos restos animais que se atopan en contextos arqueolóxicos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Pode aplicarse ao estudo de todos os períodos da historia, nos cales os seres humanos se relacionaron cos animais. Esta relación fai referencia tanto ao consumo destes, como ao uso dalgúns produtos (ósos, cornos, cunchas etc.) como materia prima para a fabricación de instrumentos, así como forza de traballo (tracción, apoio na caza etc.). O obxectivo final do estudo é achegar información sobre as sociedades humanas a través dos restos faunísticos que estes deixaron.
Os estudos arqueofaunísticos inclúen tanto peixes (ictiofauna), moluscos (malacofauna), aves (avifauna), mamíferos (macrofauna ou microfauna), así como todo tipo de taxóns animais que tiveran algún tipo de relación cos seres humanos, ou co proceso de formación dun sitio arqueolóxico.