Zona especial de conservación
As zonas especiais de conservación (ZEC) son, segundo a Directiva de Hábitats (92/43/EEC), espazos naturais con interese de conservación polos seus hábitats e especies de interese ou en risco e que declara a Comisión Europea. Protexen a máis de 220 hábitats e máis de 1000 especies catalogadas nos anexos I ou II da directiva.[1][2]
As zonas especiais de conservacións son espazos naturais escollidos polos estados membros da Unión Europea dentro das candidaturas de lugares de importancia comunitaria (LIC) que propuxeron os estados membros. Unha vez declarados, correspóndelle aos estados aplicar as medidas de conservación e protección dos hábitats.
As ZEC, e igual que as zonas ZEPAs para aves, están dentro da Rede Natura 2000 e poden complementar a outras áreas protexidas dentro das redes de conservación de cada estado membro. As ZEC forman parte doutro compromiso de "áreas de especial interese de conservación" da Rede Esmeralda dentro da Convención de Berna: "Convención de conservación da vida salvaxe e hábitats naturais".
Declaración das zonas de conservación
[editar | editar a fonte]Fase de proposta de lugares de importancia comunitaria
[editar | editar a fonte]Os estados membros da Unión Europea, dentro da Directiva Hábitats de 1992 (92/43/EEC) e de Aves, deben avaliar as rexións bioxeográficas ou hábitats de especies con interese de conservación.[1] Correspóndelle aos estados limitar estas rexións e realizar informes técnicos destas áreas. As rexións de interese de conservación para os estados deben levalos como propostas de lugares de importancia comunitaria (pLIC) a consellos científicos da Unión Europea. As comisións científica realizan unha función de avaliación das rexións propostas, os hábitats que conteñen e as especies presentes. As comisións científicas organizaranse por áreas bioxeográficas e determinan a calidade das propostas dos estados membros da unión, identificando as eivas en cada unha.[3]
Fase de lugar de importancia comunitaria
[editar | editar a fonte]Unha vez os estados propuxeron as candidaturas, eses espazos propostos ante a comisión denomínanse lugares de importancia comunitaria (LIC) (en inglés Site of Community Importance (SCI)). Namentres non finalice o procedemento de selección das áreas obxectivo de conservación a estas candidaturas chámaselles lugares de importancia comunitaria (LIC). Segundo a definición da Comisión Europea na súa Directiva de Hábitats (92/43/EEC), son lugares ou rexións bioxeográficas que contribúen dunha maneira significativa ao mantemento e recuperación dun tipo de hábitat natural ou de especies; e que lles dan coherencia á Rede Natura 2000 coa súa contribución a manter a diversidade biolóxica dentro de rexións bioxeográficas ou rexións de interese.[1][2][3]
Os estados membros avaliarán se procede continuar co recoñecemento da área e lle permiten ao estado membro designala como Zona especial de conservación (ZEC).[3]
Fase de zona especial de conservación
[editar | editar a fonte]Cando os lugares de importancia comunitaria son aceptados pola Comisión Europea e lles dan autorización, os estado membros debe proceder a declarar esas zonas como Zonas especiais de conservación (ZEC) (en inglés Special Areas of Conservation (SACs)) e cumprir as obrigas de conservación. O período de declaración como ZEC non pode superar os seis anos e a Unión Europea, unha vez declarados, comproba anualmente este cumprimento.[1][3]
Os estados deben velar polo conservación das zonas especiais de conservación e darlle prioridade aos espazos en maior risco de degradación.[1][3]
Zonas declaradas LIC e ZEC
[editar | editar a fonte]España
[editar | editar a fonte]En España existen un total de 1.448 áreas protexidas baixo esta denominación,[4] que representan case 12 millóns de hectáreas, un 22.21% do territorio.
Na comunidade de Madrid, o territorio protexido con esta figura representa un 39,89% do territorio da comunidade autónoma; nas Illas Canarias, o 36.90%; na Rioxa, o 33.25%.
Galicia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Zonas especiais de conservación en Galicia.
- Artigo principal: Lugares de importancia comunitaria en Galicia.
A comunidade galega é a que posúe a menor porcentaxe de territorio protexido español coa denominación de Zonas especiais de conservación: 371.868 hectáreas, que representan o 11.61%.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 EUR-Lex, Unión Europea (eds.). "Directiva 92/43/CEE do Conselho, de 21 de Maio de 1992, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens" (en portugués).
- ↑ 2,0 2,1 European Commision, Natura 2000 (eds.). "The Habitats Directive" (en inglés).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 European Commision, Natura 2000 (eds.). "Natura 2000 sites designation" (en inglés).
- ↑ "La Red Natura 2000 en España". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. Arquivado 11 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zona especial de conservación |