Zigomorfo
Aparencia
O adxectivo zigomorfo[1] (do grego ζυγός zygós, "xugo", "liña (de soldados)" e μορφή morphé "aparencia", "forma"), aplícase, en botánica, aos órganos ou partes da planta (normalmente as flores) que posúen un plano de simetría bilateral, como as flores dalgunhas fabáceas (as Faboideae presentan flores zigomorfas, pero as pertencentes ás outras dúas subfamilias dentro de Fabaceae, é dicir, Mimosoideae e Caesalpinioideae, presentan flores actinomorfas) e as das orquídáceas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ zigomorfo no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.