Saltar ao contido

Yunque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yunque
LocalidadeLugo
editar datos en Wikidata ]

Yunque foi unha revista editada en Lugo entre 1931 e 1932.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de vanguardia política, apareceu o 14 de maio de 1931, despois de escindirse do semanario Guión. Dirixida por Ánxel Fole, aínda que tamén participaba nestas tarefas de dirección Francisco Lamas López e Arturo Cuadrado, e confeccionada por Ánxel Johán, continuou a liña do grupo Ronsel. Nela colaboraron Luis Manteiga, Francisco Lamas López, Carlos Martínez-Barbeito, Luís Pimentel, Xulio Sigüenza, Álvaro Cunqueiro, Luís Seoane e Santiago Montero Díaz. As ilustracións estaban asinadas por Luís Seoane, Manuel Colmeiro Guimarás, Carlos Maside, Xosé Eiroa, Romero Boelle, Ánxel Johán e a arxentina Norah Borges. Incluíu artigos de temas socio-políticos de tendencia progresista próxima ao comunismo, ademais de ilustracións dos grandes creadores galegos. Publicou por vez primeira o "Madrigal â cibdá de Santiago" de Federico García Lorca. Cesou co número 6 en outubro de 1932.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]