Daniel Blumberg e Max Bloom deixaran o seu anterior grupo, Cajun Dance Party, en 2008 e formaron Yuck no ano seguinte en Londres. A parella publicou dous sinxelos en vinilo a comezos de 2010, "Rubber" e "Georgia", e recrutaron pouco despois ao batería Jonny Rogoff e á baixista Mariko Doi (que recentemente deixara o grupo Levelload). A banda comezou a gravar Yuck no verán dese mesmo ano na casa dos pais de Max Bloom en Londres.[1]