Saltar ao contido

Yosyf Bolharynovych

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYosyf Bolharynovych

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor en Wikidata
Morte1501 Editar o valor en Wikidata
Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rutenia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e cristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Yosyf Bolharynovych (en ucraíno: Йосиф Болгаринович; en polaco: Józef Bułharynowicz), finado en 1501 en Kíiv, foi metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus entre 1499 e 1501, o último dos que aceptaron a Unión de Florencia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era arquimandrita do mosteiro da Santa Trindade de Sluck, e en 1494 foi elixido bispo de Smolensk.[1] Partidario da unión con Roma, en 1498 tentou obter o apoio do patriarca ecuménico Nifón II ao seu proxecto; o patriarca respondeulle cunha carta na que aprobaba as súas intencións mentres mantiveran o rito bizantino e a comuñón simultánea con Roma e Constantinopla.[2]

En 1499 foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus.[1] Isto foi aceptado polo patriarca Xoaquín I.[2] En 1500 tentou convencer, sen éxito, á princesa Helena de Moscova, a esposa do gran duque de Lituania Alexandre I de que se unira á Igrexa católica,[1][3] e o 20 de agosto asinou en Vilnius a acta de unión;[2] no mesmo ano intercambiou correspondencia co papa Alexandre VI confirmando a Unión de Florencia.[1][4] Foi o último metropolita en comuñón coa Igrexa católica até a Unión de Brest,[5] xa que logo do seu pasamento a raíña Helena asegurou o nomeamento como metropolita do seu capelán Yona, contrario á unión.[4] Finou a mediados ou finais de 1501.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 181. OCLC 22834909. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Hryniewicz, Wacław (2007). "The Florentine Union: Reception and Rejection". The Challenge of Our Hope: Christian Faith in Dialogue (en inglés). CRVP. pp. 210–211. ISBN 9781565182370. 
  3. Fennell, John Lister Illingworth (1962). Ivan the Great of Moscow (en inglés). Macmillan. p. 212. 
  4. 4,0 4,1 Minnich, Nelson H. (2013). "The closing of the Fifth Lateran Council (1512-17)". Annuarium Historiae Conciliorum (en inglés) 45: 36. ISSN 0003-5157. 
  5. Wojnar, Meletius M. (2002). "Ukrainian Catholic Church (Eastern Catholic)". New Catholic Encyclopedia (en inglés) 14 (2 ed.). Thomson/Gale. p. 278. ISBN 9780787640187. [...] relations with Rome were terminated from the time of Metropolitan of Kiev, Joseph Bolharynovych (1501).