Saltar ao contido

Yazilikaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relevo cos doce deuses do inframundo.

Yazilikaya foi un lugar da actual provincia turca de Çorum, próximo a Hattusa. O seu nome actual significa en turco pedra esculpida.

Alí o rei hitita Tudhaliyas IV fixo esculpir unha serie de deidades na rocha. A súa estrutura é hurrita: a cámara principal separa os deuses nunha beira e as deusas á outra, xa que os hititas apareaban aos deuses: un deus, unha deusa, e os nomes das deidades son hurritas. Na cámara o rei queimaba restos, que eran almacenados nun nicho na parede oeste.

Parece que o complexo era destinado a complexo mortuorio de Tudhaliyas IV, pero iso non é seguro. Chegábase alí por un camiño desde Hattusa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]