Saltar ao contido

Yamaha Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yamaha Corporation
Logo
AcrónimoYamaha
Tipoempresa de fabricação de instrumentos musicais, empresa de capital aberto e organización
Data de fundación1987
Fundador(es)Torakusu Yamaha
Presidente/a
Takuya Nakata (en) Traducir (2013-2024) Editar o valor en Wikidata
r|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q117717568?uselang=gl]] (2007-2013)
Shūji Itō (en) Traducir (2000-2007)
Kazukiyo Ishimura (en) Traducir (1997-2000)
Seisuke Ueshima (en) Traducir (1992-1997)
Hiroshi Kawakami (en) Traducir (1987-1992) Editar o valor en Wikidata
Nº de empregados19.895 (2022) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaYamaha Motor Company, Yamaha (United States), Yamaha Music Communications Co., Ltd. e Yamaha Drums
PremiosTechnical Grammy Award
SedeNaka-ku e Xapón
PaísXapón
Na rede
https://www.yamaha.com/ e https://retailing.jp.yamaha.com/
editar datos en Wikidata ]

Yamaha Corporation (ヤマハ株式会社 Yamaha Kabushiki gaisha?, /ˈjɑːmɒˌhɑː/; ja) pronuncia en xaponés: [jamaha] é unha compañía xaponesa fabricante de instrumentos musicais e equipos de son.

É un dos compoñentes do Nikkei 225 e é a maior empresa de fabricación de instrumentos musicais do mundo.[1]

Fundada en 1887 por Torakusu Yamaha como Nippon Gakki Company, Limited, a empresa comezou fabricando pianos e harmonios, e fabricou o primeiro piano feito no Xapón.[2] Ao longo do tempo, Yamaha diversificou a súa produción para incluír moitos outros tipos de instrumentos musicais, incluíndo trompas, ademais de equipos electrónicos e tecnoloxía diversa.

Tamén é recoñecida pola súa contribución á educación musical a través da súa rede global de escolas de música.

Compañía de motor

[editar | editar a fonte]

Ademais dos instrumentos musicais, Yamaha Motor Company, unha empresa derivada en 1955, converteuse nun dos líderes mundiais na fabricación de motocicletas, motores de vehículos mariños, e outros vehículos motorizados.

Imaxe corporativa

[editar | editar a fonte]

O logotipo de Yamaha Corporation incorpora un diapasón desde 1898. Nesa primeira versión era levado no peteiro por un ave fénix. Desde 1916, o logo consta de tres diapasóns entrecruzados que representan a conexión e a harmonía entre a tecnoloxía, a produción e as vendas, que son os tres pilares da filosofía empresarial de Yamaha, segundo indican na súa páxina web oficial.[3]

Torakusu Yamaha, fundador de Yamaha Corporation
O edificio Yamaha Ginza de Tokio é a maior tenda de instrumentos musicais de Xapón. O complexo inclúe unha zona comercial, sala de concertos e estudo de música.

Yamaha expandiuse a moitos negocios e grupos de produtos diversos. A primeira aventura en cada categoría principal está listada a continuación.

Notas

  1. Fosler-Lussier, Danielle (2020-06-10). Music on the Move (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-90128-9. 
  2. "History". www.yamaha.com (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2024. 
  3. "Logo". yamaha.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]