Yaku Pérez Guartambel
Yaku Sacha Pérez Guartambel, nado en Cachaipucara, Cuenca o 26 de febreiro de 1969, inscrito ao nacer cos nomes de Carlos Ranulfo e actualizados legalmente a Yaku Sacha, é un dirixente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-cañari. Foi presidente da Confederación de Pobos da Nacionalidade Kichwa (ECUARUNARI) de 2013 a 2019, dende onde participou en manifestacións durante o goberno de Rafael Correa. En 2017, foi elixido como presidente da Coordinadora Andina de Organizacións Indíxenas.[1] Nas eleccións seccionais de 2019 foi elixido como Prefecto de Azuay[2] e participou nas manifestacións de outubro de 2019 durante o goberno de Lenín Moreno. Foi elixido pola organización política Pachakutik como candidato á presidencia do Ecuador para as eleccións presidenciais de 2021.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Yacu Sacha: músico y defensor del agua.". Revista Mundo Diners (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ "Con el 99% escrutado, Yaku Pérez Guartambel es el nuevo Prefecto del Azuay". larepublica.ec (en castelán). 25 de marzo de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Yaku Pérez y Virna Cedeño aceptaron sus precandidaturas ante el Consejo Electoral". Consultado o 8 de febreiro de 2021.