Xudas Tadeu
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nome orixinal | (he) ג'ודאס טדיאו |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 10 Banias, Altos do Golán (pt) |
Morte | c. 62 (51/52 anos) Beirut, Líbano |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
Apóstolo | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Cristianismo e xudaísmo |
Actividade | |
Ocupación | labrego, misioneiro |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Profesores | Xesús de Nazaret |
Alumnos | Q13050680 |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 28 de outubro (Catolicismo) 21 de agosto (Cristianismo ortodoxo) 19 de xuño (Igrexa Ortodoxa Romanesa) |
Compañeiro profesional | Simón: Simón e Xudas |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
San Xudas Tadeu[1] é un santo cristián e un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret. Os seus outros nomes son Tadeu, Xudas Lebeo e Xudas, irmán de Santiago o Menor. Tamén coñecido como San Tadeu (Θαδδαῖος, transl. Thaddæus ou Thaddaeus en diferentes versións da Biblia), e como San Matfiy (Фаддей, он же Иуда Иаковлев или Леввей, en ruso) na tradición ortodoxa rusa (xunto con San Xudas). Ás veces identifícase como Xudas, irmán de Xesús, mais cómpre non confundilo con Xudas Iscariote, o outro apóstolo, que traizoou a Xesús Cristo.
A Igrexa Apostólica Armenia honra a Tadeu xuntamente con San Bartolomeu como santo padroeiro e responsábel por ter levado o Cristianismo á Armenia. É o santo patrón das causas desesperadas e das causas perdidas na Igrexa Católica.
O atributo de San Xudas é a maza ou mallo. Tamén acostuma aparecer nas iconas cunha lapa á volta da cabeza, que representa a súa presenza durante a Pentecoste, cando recibiu o Espírito Santo xuntamente cos outros doce apóstolos. Outro atributo común é ver a Xudas Tadeu cunha imaxe de Xesús Cristo, a imaxe de Edesa. Nalgunhas ocasións leva un rolo ou un libro (presuntamente a Epístola de Xudas) ou unha regra de carpinteiro.
Identidade
[editar | editar a fonte]Posíbel identificación con Xudas, irmán de Xesús
[editar | editar a fonte]Xudas é claramente distinto de Xudas Iscariote, outro discípulo que sería o traidor de Xesús. Xudas é unha tradución do nome Ιούδας do orixinal grego do Novo Testamento, o que á súa vez é unha variante de Xudá, un nome moi común entre os xudeus da época.
"Xudas, fillo de Santiago" ou "Xudas de Santiago" (na Vulgata, ''Iudam Iacobi' et Iudam Scarioth qui fuit proditor')[2] é mencionado só dúas veces no Novo Testamento: nas listas apostólicas de Lucas, no Evanxeo e nos Feitos dos Apóstolos[3]. O Evanxeo de Xoán tamén menciona unha vez - (Xoán, capítulo = 14, verso = 22) un discípulo chamado "Xudas (non o Iscariote)", o que xeralmente é identificado coma Xudas Tadeu[4], aínda que algúns estudosos vexan esta identificación incerta[5]. A frase "Xudas de Santiago" pode igualmente ser entendida como unha relación entre irmáns ou de pai e fillo e, por iso, as opinións se dividen sobre que Xudas, o apóstolo, podería ser a mesma persoa que Xudas, irmán de Xesús, que é mencionado en Marcos 6:3 e Mateu 13:55-57 (xuntamente con outros irmáns, inclusive Santiago, o Xusto), considerado pola tradición como o autor da Epístola de Xudas[6]. Algúns católicos cren que os dous Xudas son a mesma persoa [7], mentres que os protestantes non.
Posíbel identificación con Tadeu
[editar | editar a fonte]Nas listas apostólicas de Mateu e Marcos[8], non se fala de Xudas, mais de Tadeu (ou, nalgúns manuscritos de Mateu 10:3, "Lebeus, de apelidos Tadeu"). Isto levou a moitos cristiáns desde os primeiros anos a harmonizar as listas propondo un "Xudas Tadeu", coñecido por ambos os nomes. Esta proposta se torna aínda máis plausíbel polo feito de que "Thaddeus" parece ter sido un apelido. Unha complicación adicional está no feito de que o nome "Xudas" foi manchado por Xudas Iscariote. Xa se argumentou que por iso non é sorprendente que Marcos e Mateu se refiran a el con outro nome[9].
Algúns estudosos bíblicos rexeitan esta teoría, porén, defendendo que Xudas e Tadeu non son a mesma persoa[10]. Outros entón propuxeron teorías alternativas para explicar a discrepancia: unha substitución dun polo outro incluso durante o ministerio de Xesus por mor dunha suposta morte[10]; a possibilidade que "doze" seria um número simbólico ou uma estimativa[11] ou simplemente que os nomes non foron preservados de forma exacta pola igrexa antiga[12].
Tadeu, o apóstolo, xeralmente crese distinto de Tadeu de Edesa, un dos Setenta Discípulos.
Tradición e lenda
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A tradición conta que San Xudas predicou o Evanxeo na Xudea, Samaria, Idumeia, Siria, Mesopotamia e Libia antiga. Crese tamén que visitou Beirut e Edesa na Mesopotamia, malia que o emisario desta última misión sexa tamén identificado por outras fontes como Tadeu de Edesa, un dos Setenta. A súa morte ocorrería xunto coa de Simón, o zelote na Persia, onde terían sido martirizados.
A lenda dá ademais datos de que San Xudas tería nacido dunha familia xudaica en Paneas, unha cidade na Galilea que, cando foi posteriormente reconstruída polos romanos, foi renomeada como Cesareia de Filipe. É probábel que falase tanto grego coma aramaico, e, ao igual que os seus contemporáneos naquela rexión, que era labrego de profesión. Ademais, segundo a lenda, San Xudas era fillo de Cleofas e a súa esposa, María, unha irmá da Virxe María. Esta mesma tradición afirma que seu pai fora asasinado pola súa devoción aberta e sen restricións a Cristo resucitado.
Aínda que San Gregorio, o Iluminador é considerado o "Apóstolo dos Armenios", cando Xudas Tadeu bautizou o rei Tiridates III da Armenia en 301 d.C., converteu os armenios e os apóstolos Xudas e Bartolomeu, considérase que foi el quen levou o cristianismo a Armenia e, por iso, todos eles son venerados como santos padroeiros pola Igrexa Apostólica Armenia. Ligada a esta tradición están os mosteiros de San Tadeu (hoxe no norte do Irán) e o San Bartolomeu (hoxe no sueste de Turquía), ambos os dous construídos no que entón era parte da Armenia (provincia romana).
As súas reliquias atópanse presuntamente na Basílica de San Pedro, en Roma, a onde foron trasladadas e onde son veneradas até hoxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ "Vulgate (Latin Bible): Luke 6". web.archive.org. 2014-03-09. Archived from the original on 09 de marzo de 2014. Consultado o 2019-02-04. Arquivado 09 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Lucas "6:16". BibleGateway (en castelán). e Hechos "1:13". BibleGateway (en castelán).
- ↑ Veja Commentary on John 14:22, Expositor's Bible Commentary CDROM, Zondervan, 1978 (en inglés)
- ↑ Raymond E. Brown. The Gospel According to Saint John (en inglés) 2. p. 641.
- ↑ Neyrey, Jerome H. (1993). Anchor Bible Reference Library (en inglés). Doubleday. pp. 44–45.
- ↑ "The Brethren of the Lord" na edición de 1913 da Catholic Encyclopedia (en inglés), unha publicación agora en dominio público.
- ↑ Mateo "10:3". BibleGateway (en castelán). e Marcos "3:18". BibleGateway (en castelán).
- ↑ Por exemplo en Harpan, Otto (1962). The Apostle (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26/01/2005. Consultado o 24/12/2010.
- ↑ 10,0 10,1 Meier, John P. A Marginal Jew (en inglés) 3. pp. 130–133, 200.- "A imaginação cristã foi rápida em harmonizar e produzir um 'Judas Tadeu', algo que não tem base na realidade". Vexa tamén Pesch, Rudolf (1980). "Simon-Petrus. Geschichte und geschichtliche Bedeutung der ersten Juengers Jesu Christ". Päpste und Papsttum (en alemán) (Hiersmann) (15): 36.
- ↑ E. P. Sanders (1985). Jesus and Judaism (en inglés). Fortress Press. p. 102. ISBN 0-334-02091-3.
- ↑ Joseph Fitzmyer (1981-1985). The Anchor Bible (en inglés) 2. Doubleday. pp. 619–620. ISBN 0-385-00515-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xudas Tadeu |