Xosé Vilas Nogueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1936 Vigo, España |
Morte | 19 de agosto de 2010 (74 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xurista, profesor universitario |
Xosé Vilas Nogueira, nado en Vigo o 25 de xullo de 1936 e finado o 19 de agosto de 2010, foi un xurista e profesor galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e doutorouse na de Santiago de Compostela en 1973, coa tese El proyecto de Estatuto de autonomía de Galicia bajo la II República española.[1]
Como bolseiro do Goberno francés estivo en París, e logo tamén o estivo como bolseiro do Goberno español.[1]
Comezou a docencia como profesor adxunto de Teoría do Estado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais compostelá, e posteriormente foi catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.[1]
Ademais de profesor, participou na organización desas dúas facultades, sendo decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dende 1984 ata 1986, e da facultade de Ciencias Políticas e Sociais entre 1991 e 1996.[1]
Realizou diferentes investigacións que divulgou en conferencias en diferentes centros, tanto de España coma no estranxeiro.[1]
Integrado nun primeiro momento no Partido Obreiro Galego, participou no Consello de Forzas Políticas Galegas e na redacción das Bases constitucionais de 1977.[Cómpre referencia]
Colaborou con artigos en diferentes revistas e xornais, en especial en El Correo Gallego.[1]
Formou parte da Asociación Española de Ciencia Política y de la Administración, e do Seminario de Estudos Galegos.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- O Estatuto galego, 1975.[1]
- Dende Galicia: Marx, 1985.
- Las elecciones autonómicas en Galicia: 1981-1990, 1992, separata de Revista de Estudios Políticos.[1]
- Introducción a la ciencia política, 1994.[1]
- O sistema político galego, 1994, realizado xunto con outros especialistas.[1]
- Gobierno y Administración en las CC.AA., 2000.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Rivas, Xosé Luís (2010). "José Vilas Nogueira, "in memoriam"". RIPS: Revista de investigaciones políticas y sociológicas (en castelán) 9 (2): 7–8. ISSN 1577-239X.Barreiro Rivas&rft.date=2010&rft.genre=article&rft.issn=1577-239X&rft.issue=2&rft.jtitle=RIPS: Revista de investigaciones pol�ticas y sociológicas&rft.pages=7-8&rft.volume=9&rft_id=http://hdl.handle.net/10347/8397&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.