Saltar ao contido

Xornal de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xornal de Galicia
Fundación9 de decembro de 2008
Lingualingua castelá e lingua galega
Na rede
http://www.xornal.com/
editar datos en Wikidata ]

Xornal de Galicia foi un xornal de comunicación xeral e de ámbito galego, fundado o 9 de decembro de 2008, aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa en Internet. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011 e a páxina web pechou o 19 de outubro do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o galego e o castelán.

Características

[editar | editar a fonte]

O director e impulsor foi o xornalista de Brión, José Luis Gómez Gómez, e a primeira subdirección ocupouna María Martínez Val. A súa sede principal estivo situada na Coruña, se ben contou orixinalmente con redaccións tamén en Vigo e Santiago de Compostela. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse Alberto Ramos, Iago Martínez, ou sinaturas como as de Carme Adán, Rafael Cuíña ou Xesús Palmou.

O accionista principal foi Udramedios, a filial de comunicación do grupo de construción San José. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico Xornal.com.

O presidente do consello de administración da empresa foi Domingos Docampo, ex reitor da Universidade de Vigo[1]. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi Miguel Barros Puente.

En marzo de 2011 o director José Luis Gómez Gómez foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráfico[2]. A nova directora pasou a ser María Martínez Val. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011,[3] sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,[4] continuando só a dixital. O 19 de outubro de 2011 pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • M. Barreiro, Manuel; Pérez Pena, Marcos (2013). "A crise dos medios en galego: informe" (PDF). Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.Pérez Pena, Marcos&rft.aufirst=Manuel&rft.aulast=M. Barreiro&rft.date=2013&rft.genre=unknown&rft.jtitle=Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia&rft_id=https://xornalistas.gal/web/uploads/materiais_biblioteca_adxuntos/adxunto/9ac/55c0afd927-informe_medios_galegos.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988"> 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]