Xoana Manuel de Villena
Nome orixinal | (es) Juana Manuel de Villena |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1339 Reino de Castela |
Morte | 27 de marzo de 1381 (41/42 anos) Salamanca, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santa María de Toledo |
Raiña de Castilla | |
1369 – 1379 ← Branca de Bourbon (pt) – Leonor de Aragón e de Sicilia ⊟ | |
Outro | |
Título | Señor de Biscaia (1370–1379) Raiña de Castilla (1369–1379) Duchess of Villena (en) (1361–1381) |
Familia | House of Manuel de Villena (en) |
Cónxuxe | Henrique II de Castela (1350 (Gregoriano)–) |
Fillos | Xoán I de Castela, Leonor de Trastámara |
Pais | Don Juan Manuel e Branca Nunes de Lara |
Irmáns | Constança Manuel Fernando Manuel de Villena Sancho Manuel de Villena Henrique Manuel de Vilhena |
Xoana Manuel de Villena, coñecida tamén como Xoana Manuel, nada en 1339 e finada en 27 de marzo de 1381 en Salamanca, Reino de Castela e León, foi unha nobre castelá, que foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel e, desde o 22 de marzo de 1366, raíña consorte de Castela e León, polo seu matrimonio co infante Henrique de Trastámara, máis tarde Henrique II de Castela.
Era filla do infante Juan Manuel, señor de Villena, e de Branca Núñez de Lara.
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Foi a última filla do nobre, político e escritor Don Juan Manuel e de Blanca Núñez de Lara. Por parte paterna foron seus avós o infante Manuel de Castela e a súa su esposa Beatriz de Savoia. Por parte materna os seus avós foron Fernando de la Cerda e Xoana Núñez de Lara.[1][2][3]
Foi irmá de Fernando Manuel de Villena, duque de Villena e señor de Escalona e de Peñafiel.
Foi bisneta de Fernando III o Santo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa despois de contraer matrimonio con Henrique de Trastámara, futuro rei Henrique II, Xoana Manuel foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel, e por hernaza da súa nai, tamén señora de Lara e dd Biscaia.
A súa media irmá máis vella, Constanza,[4] foi a primeira raíña consorte de Castela. O 28 de novembro de 1325, en Valladolid, o seu pai casou a Costanza, aínda unha nena, co xove rei de Catela e León Afonso XI, único fillo varón do rei Fernando IV e da raíña Constanza de Portugal.[1] Pouco despois diso, en 1327, foi repudiada, recluída na cidade de Toro, e o seu matrimonio anulado (por non consumarse debido á pouca idade da esposa). Máis tarde (1336) casou co infante herdeiro do Reino de Portugal, Pedro. A voda celebrouse no convento de San Francesco de Évora, por poderes, poque Afonso impedira á noiva deixar a cidade de Toro. Finalmente, tres anos máis tarde, o 24 de agosto de 1339, o matrimonio celebrouse, xa en persoa, na catedral de Lisboa.[5] Constanza e Pedro tiveron un fillo que foi rei de Portugal co nome de Fernando I.[5]
O 27 de xullo de 1350, Xoana casou, en segredo, no palacio real de Sevilla, con Henrique de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e da súa amante Leonor de Guzmán.
En 1361, á morte da súa xove sobriña Branca, filla única do seu medio irmán Fernando Manuel, que morrera en 1350,[1][2] Xoana Manuel herdou os señoríos de Villena, Escalona e Peñafiel.[1]
Como descendente directa de Xoana Núñez de Lara, chamada "La Palomilla" (1286-1351), despois da morte da súa prima Isabel de Lara e da súa xove filla Florentina, en 1370, Xoana herdou tamén os señoríos de Lara e de Biscaia.
Henrique, en 1369 converteuse en soberano castelán ao matar ao se medio irmán Pedro I tras a batalla de Montiel.
- Véxase tamén: Guerras fernandinas.
Xoana Manuel ao quedar viúva en 1379, retirouse á cidade de Salamanca, onde faleceu o día 27 de marzo de 1381.
Sepultura
[editar | editar a fonte]Despois da súa defunción, o cadáver da raíña Xoana Manuel recibiu sepultura na Capela dos Reyes Nuevos da catedral de Toledo, na que fora sepultado seu esposo, Henrique II.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Henrique II de Castela e Xoana Manuel de Villena tiveron tres fillos:
- Xoán (1358-1390), rei de Castela e León (Xoán I á morte do seu pai.
- Leonor de Trastámara (1362-1415), casou con Carlos III de Navarra. Foi sepultada na Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona.
- Xoana de Castela (1367-1374), falecida na infancia.
Antepasados de Xoana Manuel
[editar | editar a fonte]16. Afonso IX de León | ||||||||||||||||
8. Fernando III de Castela | ||||||||||||||||
17. Berenguela de León e Castela | ||||||||||||||||
4. Manuel de Castela | ||||||||||||||||
18. Filipe de Suabia | ||||||||||||||||
9. Beatriz de Suabia | ||||||||||||||||
19. Irene Anxo | ||||||||||||||||
2. Juan Manuel, príncipe de Villena | ||||||||||||||||
20. Tomé I de Savoia | ||||||||||||||||
10. Amedeo IV de Savoia | ||||||||||||||||
21. Margarida de Xenebra | ||||||||||||||||
5. Beatriz of Savoia | ||||||||||||||||
22. Barral de Baux | ||||||||||||||||
11. Cecilia de Baux | ||||||||||||||||
23. Sibila de Anduze | ||||||||||||||||
1. Xoana Manuel | ||||||||||||||||
24. Afonso X de Castela | ||||||||||||||||
12. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
25. Violante de Aragón | ||||||||||||||||
6. Fernando de la Cerda | ||||||||||||||||
26. Lois IX de Francia | ||||||||||||||||
13. Branca de Francia | ||||||||||||||||
27. Margarida da Provenza | ||||||||||||||||
3. Branca de la Cerda y Lara | ||||||||||||||||
28. Nuño González de Lara el Bueno | ||||||||||||||||
14. Xoán Núñez I de Lara | ||||||||||||||||
29. Teresa Afonso de León | ||||||||||||||||
7. Xoana Núñez de Lara | ||||||||||||||||
30. Diego López III de Haro | ||||||||||||||||
15. Teresa de Haro | ||||||||||||||||
31. Constanza de Bearne | ||||||||||||||||
Predecesor: Xoana de Castro |
Raíña consorte da Coroa de Castela 22 de marzo de 1366 - 29 de maio de 1379 |
Sucesor: Leonor de Aragón |
Predecesor: María de Portugal |
Raíña nai de Castela e León 29 de maio de 1379 - 27 de marzo de 1381 |
Sucesor: Catarina de Lancaster |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Nobreza castelá en Medieval Lns (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 Casa de Ivrea-genealogy Arquivado 09 de novembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Xoana Manuel en PEDIGREE (en inglés).
- ↑ Costanza Manuel (ca. 1323–1345) era fillia do segundo matrimonio do pai de Xoana, isto é, filla de Costanza de Aragón (1300 – 1327), filla á súa vez do rei de Aragón Xaime II.
- ↑ 5,0 5,1 Reis de Portugal en Medieval Lands (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana Manuel de Villena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Del Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén; Negro, Marta (1990). El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, 2ª ed. Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social: Editorial Evergráficas, S. A. ISBN 84-2419-999-5.
- López de Ayala, Pedro (1994-1997). Crónica del rey don Pedro y del rey don Enrique, su hermano, hijos del rey don Alfonso Onceno (edición crítica y notas de Germán Orduna; estudio preliminar de Germán Orduna Y José Luis Moure). Buenos Aires.
- Valdeón Baruque, Julio (1996). Enrique II. Palencia: Diputación Provincial de Palencia. ISBN 84-8173-051-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Doña Juana Manuel de Castilla, Señora de Villena, Escalona y Peñafiel Xenealoxía e pequena biografía en Genealogics (en inglés).