Xil Ríos
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Xosé Antón Xil Ríos 1948 (75/76 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, cantante, compositor |
Período de actividade | 1971 - |
Xénero artístico | Música pop, folk, música latina e pop rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artisticamente como Xil Ríos, nado en Moaña en 1948,[1] é un cantante, compositor e cantautor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival Dorna de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet, co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como o rapsoda de Moaña.
Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.
En 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, contemporáneo doutros autores como o colectivo Voces Ceibes.
En 2004 publica o disco Vai e vén, que constitúe o seu maior achegamento ao folk. Nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
En 2008 2001 Producciones Artísticas SL elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, unha escolma simbólica da súa traxectoria.
O traballo Son da Alma (2010) explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos do talle de Willy Mondeja.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]- Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.[Cómpre referencia]
- Foi futbolista moitos anos e chegou a presidente do Moaña F.C.. [Cómpre referencia]
Publicacións musicais
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Un anaco de pan / A parranda (1972)
- Nosa Galicia / A os meus amigos (1972)
- Miña Maruxiña / El viento canta conmigo (1973)
- A figueira / Así es la tierra mía (1973)
- Vamos a beillar / Miña nena (1974)
- Os mariñeiros / El pregonero (1974)
- Miña rapaciña / Galeguiños (1975)
- Nunca cambiarás / Querida mía (1976)
- Trouleada / Outono (1979)
- Xirarei / O San Blas (1980)
- Giraré (Xirarei) / Mar adentro (Mar adiante) (1980)
- A rapaciña galega / Vello compañeiro (1980)
- Tan ta ran tan / Cantiga de cegos (1981)
- Rapaciña bonita / Miña compañeira (1985)
- De carallada / Morena (1987)
Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Xil Ríos (1974)
- Xirarei (1980)
- Tan ta ran tan (1981)
- Rapaciña bonita(1985)
- De carallada (1987)
- Ledicia (1988)
- Nosa Galicia (1991)
- Romería galega (1992)
- Que non decaia (1992)
- Ai María, María (1992)
- Baila (1995)
- O mellor de Xil Ríos (1996)
- Meu país (1999)
- Que non decaia (2003)
- Vai e vén (2004)
- O mellor de Xil Ríos. Vol. II (2005)
- 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008)
- Son da alma (2010)
- Xil Ríos. Pack 2x1 (2013)
Selección das publicacións colectivas
[editar | editar a fonte]- Los mejores cantantes gallegos (1974)
- Recordo de Galicia (1975)
- Cancionero popular gallego (1989)
- Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
- A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
- Así é a miña terra (1999)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xil Ríos" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Xil Ríos
- Entrevista co gallo do lanzamento do disco Son da alma (PAI Música 2010)
- Videoclip do tema Xa caerá, disco Son da alma (PAI Música 2010)
- Consello da Cultura
- Crítica do disco Que non decaia en La voz de Galicia
- Intervención de Xil Ríos como orador no acto "Arte na illa":
- Interpretación na TVG do tema "Xirarei"
- Xil Ríos en discogs.com (en inglés)