Saltar ao contido

Anxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xela»)

Anxa[1][2] é un nome propio feminino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xela e Anxela, e os hipocorísticos Xeluca e Xelucha.[2]

En xaneiro de 2023 existían 16 mulleres en Galicia co nome Anxa, cunha media de idade de 24,1 anos,[3] 317 co nome Anxela, cunha media de idade de 25 anos[4] e 210 co nome Xela, cunha media de idade de 11,6 anos.[5]

A orixe do nome provén da advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto.[6]

4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Anxa na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Nome Anxela na Web do Intituto Galego de Estatística
  5. Nome Xela na Web do Intituto Galego de Estatística
  6. "Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]