Xavier
Aparencia
Xavier[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o éuscaro exa (casa no dialecto navarro, etxe en batúa) e berri (nova). En galego tamén ten a variante Xabier.[3]
En xaneiro de 2023 existían 475 varóns en Galicia co nome Xavier, cunha media de idade de 25 anos,[4] e 1.179 co nome Xabier, cunha media de idade de 19,9 anos.[5]
Uso do nome
[editar | editar a fonte]O nome adoptouno Francisco de Jasso do castelo de Xabierre, próximo a Pamplona. Pola súa importancia dentro da Igrexa católica o nome estendeuse por boa parte dos países de tradición católica.
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Aragonés: Chabier
- Alemán: Xaver
- Asturiano: Xabel
- Castelán: Javier
- Catalán: Xavier
- Checo: Xaver
- Éuscaro: Xabier, Etxeberri
- Francés: Xavier
- Inglés: Xavier
- Italiano: Saverio
- Irlandés: Savy
- Latín: Xaverius
- Portugués: Xavier
- Polaco: Ksawery
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.). "Guía de nomes galegos".
- ↑ Nome Xavier na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Xabier na Web do Intituto Galego de Estatística