Saltar ao contido

Xaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Rei branco en xaque dobre. O cabalo moveuse desde d5.

A palabra "xaque" vén do persa shāh 'rei', a través do árabe. No xogo de xadrez, un xaque é unha ameaza inmediata de capturar ao rei. Dise que un rei ameazado deste xeito atópase en xaque.

Debe eliminarse a ameaza, dun dos seguintes modos:

  • Capturando a peza atacante.
  • Interpondo unha peza entre a peza atacante e o rei (o cal non é posible se a peza atacante é un cabalo).
  • Movendo o rei a unha casa que non estea ameazada.

Se non é posible realizar ningunha destas tres opcións, trátase dun xaque mate e a partida conclúe coa vitoria do xogador que conseguiu dalo.

Un xaque dobre dáse sempre cun xaque á descuberta, é dicir, cando o bando que aplica o xaque moveu unha peza que ademais de dar xaque permite que outra peza tamén o de mediante a liberación da súa acción cara ao rei contrario. Véxase o diagrama como exemplo.

En partidas amigables, hai o costume de que o xogador atacante ao mover unha peza e ameazar ao Rei contrario, deberá anunciar xaque, ou xaque mate; antigamente, tamén se usou para a ameaza inmediata á raíña, como xaque á raíña. Pero nas competicións oficiais e demais eventos non se anuncia ningún tipo de xaque, mesmo se considera un acto pouco deportivo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]