Saltar ao contido

Wolfram von Eschenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWolfram von Eschenbach

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1170 Editar o valor en Wikidata
Wolframs-Eschenbach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1220 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, cabaleiro, cantante, minnesänger, compositor, escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLibro cabaleiresco Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcabaleiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX988506 Musicbrainz: 8c88281a-ea8d-430d-9c79-bd2ef80afcac Discogs: 719132 Editar o valor en Wikidata
Monumento a Wolfram von Eschenbach.

Wolfram von Eschenbach, nado en Eschenbach, na actual Alemaña, cara a 1170 e finado cara a 1220, foi un cabaleiro e poeta alemán, recoñecido como un dos maiores poetas épicos do seu tempo. Como Minnesinger, tamén compuxo poesía lírica.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre, pertenceu á corte de Hermann von Thüringen. O seu máximo logro poético obtívoo coa célebre epopea Parzival, de 25.000 versos rimados, cuxo tema procede do Perceval francés de Chrétien de Troyes. Eschenbach converteu o poema nunha verdadeira epopea na que o heroe asume o sentimento de culpa propiciado polas súas accións desmedidas, iniciando posteriormente a busca da graza mediante un camiño de nobre penitencia. É este o trasfondo básico que, xa no século XIX, Warner recollería para compoñer a súa famosa ópera do mesmo nombe, Parsifal.

Compuxo diversas poesías líricas de tradición cortesá, así como dúas epopeas máis, ambas as dúas non rematadas; 'Titurel', adicada ao tema da fidelidade, e 'Willehalm', sobre o personaxe de Guillerme de Aquitania. Na súa obra obsérvase unha grande admiración ao coñecemento baseado na experiencia e unha crítica á erudición obtida só a través da lectura.

Este trobador alemán, Minnesänger, é unha peza clave para encumbrar o mito de "Parzival". Foi un dos máis importantes trobadores de Wartburg, as súas obras foron moi apreciadas. Ao parecer, foi un cabaleiro ao xeito de Ramon Llull. Non se sabe con certeza cando naceu, pero crese que a finais do século XII. A súa patria natal foi Baviera e Eschenbach a súa vila. Viviu gran parte da súa vida en Ansbach. A súa vila natal foi chamado fai pouco Wolframseschenbach na súa memoria e erixiuse un monumento.

Wolfram von Eschenbach non sabía nin ler nin escribir, ao parecer facíase ler as obras e posuía unha prodixiosa memoria. Era unha mestura de cabaleiro medieval, de poeta, de monxe e guerreiro, "reunía na súa persoa elementos cabaleirescos, e populares, laicos e eclesiásticos; tiña por única riqueza a arte que lle deu Deus por única fonte de sustento, o canto; respirando os seus poemas a fresca atmosfera do bosque e das montañas".

Consideracións

[editar | editar a fonte]

Suponse que concibiu "Parzival" a comezos do século XIII, na Wartburg, mítico castelo, berce de poetas e trobadores; e rematouno en 1215. Neste castelo, onde estes Mestres Cantores, cuxas tres regras principais eran, Deus, o seu señor e a muller amada, constituían a fonte da súa inspiración, Eschenbach compuxo a súa obra. Pois el foi o príncipe dos trobadores, xunto a Walter von der Vogelweide e Heinrich Tannhäuser. Richard Wagner inmortalizouno na súa obra "Tannhäuser", mostrándoo como piadoso e compasivo, cabaleiresco e máximo expoñente da Renuncia.

Algúns viron na súa obra visións máxicas e lazos esotérico-místicos, dise que Parzival revela grande control intelectual, unha tendencia cognoscitiva, alquímica e máxica. Eschenbach é un guerreiro nato, un guerreiro Minnesänger da guerra esotérica.

Eschenbach fala do Santo Graal como fonte de poder da que emana riqueza e abundancia sen límites, un obxecto tan solemne, que no Paraíso non hai nada máis fermoso, o todo perfecto onde nada falta e que era ao mesmo tempo acio e flor.