Saltar ao contido

Wilma Mankiller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilma Mankiller

(2001) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Tahlequah, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Condado de Adair, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaStilwell Editar o valor en Wikidata
Xefe Principal da Nación Cherokee
1985 – 1995
← Ross SwimmerJoe Byrd ⊟ Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo cherokee Editar o valor en Wikidata
EducaciónSkyline College
Universidade Estatal de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, Xefe tribal, autobiógrafa Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNative American Women: A Biographical Dictionary Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mankiller-2 Find a Grave: 50707945 Editar o valor en Wikidata

Wilma Pearl Mankiller (en cherokee: ᎠᏥᎳᏍᎩ ᎠᏍᎦᏯᏗᎯ, transliterado: Atsilasgi Asgayadihi), nada en Tahlequah, Oklahoma, o 18 de novembro de 1945 e finada no condado de Adair, Oklahoma o 6 de abril de 2010, foi unha activista cherokee estadounidense, traballadora social e desenvolvedora da comunidade, a primeira muller que exerceu como xefa tribal cherokee.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Tahlequah, Oklahoma,[1][2] viviu na propiedade da súa familia no condado de Adair, Oklahoma ata os once anos, cando a súa familia se trasladou a San Francisco como parte dun programa do goberno federal para urbanizar os nativos americanos.[3][4] Despois do bacharelato, casou con Héctor Hugo Olaya de Bardi, un ecuatoriano acomodado e tivo dúas fillas. Inspirada polos movementos sociais e políticos da década de 1960, Mankiller involucrouse na ocupación de Alcatraz[5][6] e máis tarde participou nas loitas polas terras e as compensacións coa Tribo Pit River.[7][8][9] Durante cinco anos, a principios dos anos 70, estivo empregada como traballadora social, centrándose principalmente en temas da infancia.

De regreso a Oklahoma no outono de 1976,[10] Mankiller foi contratada pola Nación Cherokee como coordinadora de estímulos económicos.[11] Coa súa experiencia na preparación de documentación, converteuse nunha redactora de subvencións de éxito e, a principios dos anos 80, dirixiu o recentemente creado Departamento de Desenvolvemento Comunitario da Nación Cherokee.[12][13] Como directora, deseñou e supervisou proxectos comunitarios innovadores que permitían aos cidadáns rurais identificar os seus propios desafíos e, a través do seu traballo, participar na resolución dos mesmos. O seu proxecto en Bell, Oklahoma, apareceu no filme The Cherokee Word for Water, dirixida por Charlie Soap e Tim Kelly. En 2015, o filme foi seleccionado como o mellor filme indio americano dos últimos corenta anos polo American Indian Film Institute.[14] O seu proxecto en Kenwood recibiu o Certificado de Mérito Nacional do Departamento de Vivenda e Desenvolvemento Urbano.

A súa capacidade de xestión foi posta en coñecemento do xefe principal en funcións, Ross Swimmer, quen a invitou a presentarse como a súa adxunta nas eleccións tribais de 1983.[15] Cando a parella gañou, converteuse na primeira muller elixida para ocupar o cargo de Xefa Adxunta da Nación Cherokee.[16] En 1985, cando Swimmer asumiu un posto na administración federal do Bureau of Indian Affairs,[17] foi ascendida a xefa principal, exercendo ata 1995, en que non se presentou por motivos de saúde.[18][19] Durante a súa administración, o goberno Cherokee construíu novas clínicas de saúde, creou unha clínica móbil de coidados oculares, estableceu servizos de ambulancia e creou programas de educación temperá, educación de adultos e formación laboral. Desenvolveu fontes de ingresos que inclúen fábricas, tendas de venda polo miúdo, restaurantes e operacións de bingo, ao tempo que estableceu o autogoberno permitindo á tribo xestionar as súas propias finanzas.

Cando se retirou da política, Mankiller volveu ao seu papel de activista traballando para mellorar a imaxe dos nativos americanos e loitar contra a apropiación indebida da herdanza nativa, mediante a escritura de libros, incluíndo unha autobiografía con grandes vendas, Mankiller: A Chief and Her People, e dando numerosas conferencias sobre coidados da saúde, soberanía tribal, dereitos das mulleres e concienciación sobre o cancro. Ao longo da súa vida, sufriu graves problemas de saúde, incluíndo enfermidade renal poliquística, miastenia gravis, linfoma ou cancro de mama e necesitou dous transplantes de ril. Faleceu en 2010 de cancro de páncreas e foi honrada con moitos premios locais, estatais e federais, incluíndo a máis alta honra civil do país, a Medalla Presidencial da Liberdade.

Ademais, en 2022, a figura de Wilma Mankiller foi homenaxeada ao ser a protagonista da terceira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos.[20]

  1. Schwarz 1994, p. 23.
  2. Wallis 1993, p. xviii.
  3. Dell 2006, p. 26.
  4. Glassman 1992, p. 23.
  5. Schwarz 1994, p. 12.
  6. Johnson 1994, p. 66.
  7. Schwarz 1994, pp. 53–54.
  8. Agnew 2004, p. 212.
  9. The Desert Sun 1970, p. 3.
  10. Schwarz 1994, p. 59.
  11. Simon 1991, p. 14.
  12. Kallen 1999, p. 96.
  13. Agnew 2004, p. 214.
  14. "'The Cherokee Word for Water' voted best American Indian film". 
  15. Swygart 2014, p. 3.
  16. Mankiller porén, non foi a primeira muller xefa dunha tribo americana. Alice Brown Davis foi xefa principal da tribo seminola de Oklahoma en 1922, e Mildred Cleghorn da tribo apache de Fort Sill en 1976. En tempos anteriores numerosas mulleres lideraron as súas tribos, como Nanyehi (Cherokee), Bíawacheeitchish (Gros Ventres-Crow), Vestana Cadue (Tribo Kickapoo de Kansas), Liza Moon Neck (Skull Valley Band of Goshute Indians of Utah) e Minnie Evans (Prairie Band of Potawatomi Nation), entre outras.
  17. Verhovek 2010.
  18. Kallen 1999, p. 99.
  19. Nelson 2001, p. 2.
  20. "Wilma Mankiller Quarter". United States Mint.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]