Saltar ao contido

Willem Claeszoon Heda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWillem Claeszoon Heda
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Haarlem, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 1680 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Haarlem, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Haarlem Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNatureza morta Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosGerrit Willemsz. Heda Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Willem Claeszoon Heda)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: a25076f6-5c83-40ef-8867-dca6576a9a2a Editar o valor en Wikidata
Natureza morta (Frans Hals Museum, Haarlem)

Willem Claeszoon Heda, quen asinaba abreviando o seu nome en Claez., nado en 1863 en Haarlem e morto arredor de 1680 na súa cidade natal, foi un pintor holandés especializado en naturezas mortas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa pintura mostra a súa excelencia na plasmación de reflexos e na calidade na reprodución da superficie dos obxectos. As naturezas mortas de Heda presentan frecuentemente unha composición en forma de triángulo, no que os obxectso máis en alto son colocados nun lado. Heda utiliza unha paleta de cores restrinxida, de xeito que as súas pinturas semellan, a primeira vista, case monócromas. Curiosamente parece utilizar os mesmos obxectos en cada composición. Nas súas obras anteriores a 1635 mostra o influxo de Pieter Claesz (1596 ou 1597-1660), así como de Floris Van Dyck (1575-1651).

O Rijksmuseum de Ámsterdam, o museo Boijmans Van Beuningen de Rotterdam e o Museum voor Schone Kunsten de Gante posúen arredor de 70 obras de Heda.

Heda traballou toda a súa vida en Haarlem e foi presidente da Sint Lucasgilde (confraría de San Lucas), que agrupaba aos pintores, máis o final da súa vida non o coñecemos. Heda tivo numerosos discípulos, entre eles o seu fillo Gerrit Willemz Heda (activo entre 1642-1702).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]