Wikipedia:Wikipedistas
Os wikipedistas, usuarios ou editores son as persoas que escriben e editan artigos da Wikipedia. Suxeriuse que wikipedista podería ser un nome máis apropiado, así como un maquinista traballa nunha máquina locomotora. O termo wikipedista, non obstante, suxire que a persoa forma parte dun grupo ou unha comunidade. Polo que neste sentido, os wikipedistas son xente que forman a comunidade da Wikipedia.
Dende os comezos, algúns fixeron as súas contribucións de forma anónima, e outros rexistráronse, pasando a formar parte da lista de usuarios.
A día de hoxe, a Galipedia posúe 150.455 contas de usuario rexistradas, e conta cun número enorme de editores anónimos. Porén, a maioría das persoas que teñen unha conta non son colaboradores regulares (véxase Especial:Lista de usuarios para a lista completa). Unha información detallada sobre as estatísticas da Galipedia está dispoñible en Especial:Estatísticas e mais en Wikipedia:Estatísticas.
Algúns wikipedistas danlle a benvida aos novos; outros cargan imaxes; outros traballan en artigos de historia; outros revisan a ortografía e outros traballan en reverter os vandalismos. Moitos deles traballan en todas esas tarefas. Cadaquén decide que facer, e cada wikipedista é valioso.
Estilo das contribucións
[editar a fonte]Os wikipedistas teñen diferentes características en moitos aspectos, dos cales cada un é máis experto: por unha banda están os que traballan revertendo os vandalismos e que conversan a miúdo nas guerras de edicións; por outra banda, están os que prefiren editar máis que conversar.
Ademais, hai wikipedistas que contribúen principalmente escribindo e editando contidos sobre temas dos que saben, e, por outra banda, aqueles que contribúen engadindo información do lugar onde viven ou outros que proporcionan acceso á información acerca de cada persoa do planeta.
Tamén hai multitude doutras características, as cales están representadas por exemplo nas caixas de usuario que cada editor pode engadir á súa propia páxina para informar ao resto.