Wikipedia:Efemérides destacadas/29 de febreiro
Aparencia
- 1504, unha eclipse lunar (na imaxe) aterroriza grande parte de Europa.
- 1520, iníciase no Reino de Valencia a revolta da Irmandade dos gremios contra os nobres, coñecida como Guerra das Xermanías.
- 1788, fúndase a Biblioteca Nacional de Lisboa.
- 1992, a poboación de Bosnia e Hercegovina pronúnciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava.
- 2004, Jean-Bertrand Aristide, presidente de Haití, é secuestrado por forzas estadounidenses e enviado fóra do país.