Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 6-3-2016 ata o 5-4-2016.
Artigos bos na Galipedia
Esta páxina ten como función a escolla dos artigos bos pola comunidade da Galipedia. Un artigo bo é un artigo que cumpre os requirimentos expresados en Wikipedia:O que é un artigo bo, e ademais foi elixido en votación para figurar entre o artigos bos da Galipedia.
Antes de presentar unha candidatura certifique que o artigo se adecúa ó perfil dun artigo bo. Os artigos bos non teñen que ser tan amplos coma os artigos de calidade, pero non deben omitir ningún aspecto importante do tema: a comparación dos criterios para artigos bos e de calidade describe máis diferenzas.
Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:
II.
Inserir a ligazón na páxina de escolla
Inclúa manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos bos/Votacións:
Prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Nome do artigo}} substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.
Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.
Ademais diso, tamén podes usar:
Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.
Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.
Antes de votar lea o artigo integramente e valore a súa calidade. Non se vota polo tema, senón pola calidade do artigo conforme cos criterios. Evite votar en base a simpatías ou antipatías. Explique os motivos en caso de concordar, e máis necesariamente en caso de votar en contra (para poder corrixir os artigos en breve prazo, se fose o caso, e así mudar o voto, riscando o anterior).
Pode votar:
Concordo ({{Concordo}}): a favor.
Discordo ({{Discordo}}): en contra.
Tamén se pode votar neutro Neutro ({{Neutro}}).
Pode comentar cos seguintes marcadores:
Agardar ({{Agardar}}): indicar que adía o seu voto en espera de que se melloren detalles, isto é co marcador.
Ademais, pódense empregar os modelos Comentario ({{Comentario}}), Información: ({{Info}}) e Pregunta: ({{Pregunta}}).
Votos válidos: para poder votar fai falla cumprir a política de votacións, ou sexa, hai que ter un mínimo de 150 contribucións válidas e levar rexistrado 60 días antes do inicio da votación.
Cancelar o voto: como xa se dixo antes, pódese alterar o voto durante o período da votación. Para mudar o voto débese riscar (utilizando <s>....</s>), e non borrar.
Votación interrompida: calquera votación pode interromperse, independentemente de cal estea a ser o resultado, se o artigo incumpre os criterios presentados en que é un artigo bo. Nese caso a votación arquívase.
Período de votación: o prazo de votación será de 30 días, que comezan a contar dende a data da candidatura.
Un artigo considerarase "artigo de bo" cando se verifiquen as seguintes condicións:
Mínimo de 5 votos favorables
Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio {{CABO}} e ó final {{pé}}. A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos bos/Propostas pechadas.
Se o artigo non foi elixido como bo, retire da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquive esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retire a caixa {{CABO}}.