Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Historia dos eslavos do sur
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 18-12-2012 - 29-01-2013
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo ben completo con información ben referenciada e estruturada, con imaxes pertinentes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de decembro de 2012 ás 08:33 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de decembro de 2012 ás 08:33 (UTC)[responder]
- Concordo. --Paradanta (Cóntame) 19 de decembro de 2012 ás 17:43 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (di) 19:18, 19 de decembro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 19 de decembro de 2012 ás 18:46 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 20 de decembro de 2012 ás 13:12 (UTC)[responder]
- Concordo. Vai para artigo de calidade. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 25 de decembro de 2012 ás 14:49 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2012 ás 18:43 (UTC)[responder]
- Concordo. Coincido con Xoacas. --chairego (si?) 19:48, 29 de decembro de 2012 (UTC)
- En contra
- Discordo, de entrada por dous motivos:
- Paréceme longo de máis. De feito é o máis longo da Galipedia, con diferenza. Fai pouco lemos na prensa artigos que falaban de que algúns da Wikipedia son inmanexables polos escolares, debido ao seu tecnicismo e/ou complexidade. Penso que a este ocórrelle outro tanto pola a súa lonxitude.
- Tal como se expresa na conversa, penso que debería aparecer claramente a atribución, por exemplo, na páxina de conversa. De onde saíu todo iso? Para respectar a licenza CC-BY-SA na que se publica a Wikipedia compre citar expresamente de que artigos doutras wikis veñen os contidos deste. Non sei si se fixo nos resumos de edición. Revisando o historial non o atopo. Con todo, insisto, debido ao tamaño do artigo e do historial, creo que merece ser aclarado expresamente na páxina de conversa. --. HombreDHojalata.conversa 18 de decembro de 2012 ás 10:27 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Con respecto ao que comenta HombreDHojalata, debo dicir que o obxectivo da Galipedia non debe ser estar dirixida unicamente aos escolares. A información canto máis completa mellor, e se pode servir de fonte para algún estudoso, pois máis mérito aínda. Do contrario deberiamos facer unha "Galipedia infantil" ou algo polo estilo. De onde saíu todo iso? Pois é de supoñer que da abondosa bibliografía citada. Supoño que Xoio ben pode explicalo. Polo tanto, eu voto a favor do artigo. Insisto, dende o meu punto de vista, o volume de información, se está correctamente tratado, non debe supoñer unha eiva para medir a calidade do artigo, máis ben ao contario, é un valor engadido. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 19 de decembro de 2012 ás 17:43 (UTC)[responder]
Concordo co exposto por Paradanta, ogallá tódolos artigos foran tan completos como este. A pregunta é: por que non se propuxo para calidade? O certo é que ben podería, así que se solucionaran os pequenos detalles como as interwikis, a licenza (non sei se todo é traducido, mais seguramente haxa partes máis ou menos grandes que si o estean) e se foran azuleando as ligazóns internas (detalle menor pero que nos pode servir para medrar). Que mellor publicidade para o 10º aniversario que contar con varios artigos de calidade, e este á vista está, é un peso pesado da Galipedia. Parabéns a todos os que traballaron nel!! Piquito (conversa) 20 de decembro de 2012 ás 13:12 (UTC)[responder]