Wikipedia:A Taberna (imaxes)/Arquivo 15
Este é un arquivo da sección A Taberna (imaxes) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 |
---|
Aviso para fotógrafos
[editar a fonte]Evento o próximo domingo 13/1/2019 en Insuela: "Cerdedo-Cotobade inicia su programa das Letras Galegas con un acto en la casa de Antonio Fraguas". Faro de Vigo. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 22:51 (UTC)
- Eu non vou poder ir, pero grazas por avisar HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 09:38 (UTC)
- @HombreDHojalata: subín esta, esta, esta, esta, esta e esta fotos. Podes axudarme coas categorizacións e a darlles uso, por favor? Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de xaneiro de 2019 ás 23:35 (UTC)
Bueno, bueno. Grazas a ti que fuches alí a tiralas.
Estiven sobándoas un pouco[1]
Á hora de subir fotos é interesante meterlle, tamén, a categoría/s de "cando?". Por exemplo Commons:Category:2019 in Galicia (Spain). Os máis sibaritas poden entrar en máis detalle aínda (por provincia, por meses…)
Mesmo vale para ficheiros de xornais, libros, documentos. Véxase, p. ex.: Commons:Category:1925 in Galicia (Spain).
Eli, date por aludido, que ti sobes moitas fotos e era bo poñerlles a categoría do ano ;-) --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2019 ás 19:33 (UTC)
- Oes, Adrián: que saes (agochado) na foto na páxina da RAG. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2019 ás 19:57 (UTC)
- @HombreDHojalata: xa me mirei, xa; o fotógrafo fotografado! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2019 ás 21:51 (UTC)
- @HombreDHojalata:, xa..., sei que hai esas categorías, pero non acabo de verlles a utilidade e engadir outra categoría máis da o seu choio. A maiores, sempre pensei que esas categorías deberían meterse de forma automática, ou quizais cun bot, incluso podería facelo o propio asistente de cargas. Polo menos para as imaxes actuais, as doutros anos non, claro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 22:50 (UTC)
Ai!, pois eu véxolle moita utilidade á liña temporal. Sen non existise había que inventala!
O único choio que dá é escribir 2019 in G, o resto xa o fai o autocompletar e o hotcat. Un bot podería, doadamente, meter unha foto no "ano 2019", pero xa é máis complicado que a meta en "2019 en Galicia".
Hai que ollar, de cando en vez, todo o traballo de categorización que teñen feito os cataláns dentro de Wikimedia Commons, que están a anos luz de nós. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2019 ás 07:46 (UTC)
- Claro, pero é que en Commons quen traballa en categorizar fotos de Galicia? Eu de cando en vez tento "limpar" a categoría Galicia, as do primeiro nivel, e as principais dalgúns concellos, pero penso que o problema está en que está a perderse ese traballo categorizando as fotos subidas localmente, cousa á que eu non vou contribuír porque penso que todas esas fotos deberían estar en Commons. Se pasáramos todas as fotos a Commons e todos categorizáramos no mesmo sitio, outro galo cantaría :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 08:57 (UTC)
Ah! Eu considero que este foi o meu maior fracaso neste proxecto. Non o levamos adiante, a pesar de ter, con diferenza, máis votos a favor que en contra.
Pasaron algúns anos. ¿Atréveste ti a abrir o melón de novo? --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2019 ás 09:05 (UTC)
- HombreDHojalata, sería unha boa proposta para este 2019, o que pasa é que non se pode facer á lixeira, habería que revisar esa votación e ver se os problemas que se percibían daquela xa están solucionados ou foron minimizados... Se atopara un momento miraríao, pero non vai ser cedo, quero levar adiante un pouco máis o proxecto dos 1000 artigos a ver se avanza... Apúntoo nas miñas tarefas pendentes, e se me poño xa vos aviso das cousas que vaia atopando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 09:24 (UTC)
Etiquetar persoas en fotografías de grupo
[editar a fonte]En Wikimedia Commons, coa función "Engadir unha nota", poden etiquetarse (poñerlle nome) as persoas que aparecen nunha fotografía de grupo.
Alguén podería completar o etiquetado en Commons:File:Premios da Cultura Galega 2018.jpg, identificando, por exemplo, aos membros d'A Roda? (os músicos aparecen na parte esquerda da imaxe, dende o punto de vista do espectador). --. HombreDHojalata.conversa 13 de xaneiro de 2019 ás 14:05 (UTC)
- Metín a Antonio Dieter Moure que me dixo quen era Xabier Cid. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 12:51 (UTC)
Aviso para fotógrafos, en Pontevedra
[editar a fonte]Fotografía requirida de escultura: "O busto está nos xardíns de Belas Artes..." --. HombreDHojalata.conversa 27 de xaneiro de 2019 ás 22:19 (UTC)
Foto de Tomás Batuecas Marugán
[editar a fonte]Hai unha foto de Tomás Batuecas Marugán cargada na wikipedia inglesa, collida de http://culturagalega.gal/albumdaciencia/detalle.php?id=452. Entendo que non se pode coller pois a lic. de culturagalega.gal non permite usos comerciais. Por iso non a engado e está sen foto. Podedes corroboralo? --Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2019 ás 08:08 (UTC)
- @Agremon: Na wikipedia inglesa téñena porque alí permítense cargar algunhas imaxes localmente baixo uso lexítimo. Como ben dis a licenza desa web non é compatible coa Galipedia ou con Commons. Outra cousa sería se a imaxe estivera de por sí no dominio público (autor descoñecido e de 80 anos), pero non sei se esta foto entra dentro deste caso. ☣Banjo tell me 20 de febreiro de 2019 ás 09:46 (UTC)
- Agremon, segundo esta web, eu entendo q esa é unha obra anónima, e segundo estoutra, os dereitos de autor duran 70 anos dende a súa publicación. Habería entón q atopar a data de publicación da imaxe e calcular... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2019 ás 09:59 (UTC)
- Aquí hai máis fotos, unha de 1921 que ben podería estar en dominio público, habería q investigar un pouco máis... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2019 ás 10:14 (UTC)
- Agremon, segundo esta web, eu entendo q esa é unha obra anónima, e segundo estoutra, os dereitos de autor duran 70 anos dende a súa publicación. Habería entón q atopar a data de publicación da imaxe e calcular... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2019 ás 09:59 (UTC)
Grazas ós dous. Banjo, confírmasme o que cría. Elisardo, polo que atopo en https://www.ragc.gal/es/node/334 parece que si poderían ser usados, pero é tan xenércio...--Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2019 ás 13:04 (UTC)
- Agremon, ese aviso legal non vale para este caso porque esas fotos non son propiedade deles, os dereitos de autor son do fotógrafo, ou neste caso ó ser obras anónimas da publicación que as difundiu por vez primeira. Tentarei investigar sobre a foto de 1921 a ver se atopo a fonte orixinal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2019 ás 19:21 (UTC)
- A ver se hai froito!--Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2019 ás 22:22 (UTC)
- Agremon, houbo froito, púxenlle o modelo de commons "anonymous-EU". Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 22:56 (UTC)
- Estas cousas seguirán a escapárseme...--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2019 ás 07:30 (UTC)
- Pois pregunta Agremon :), onde tes o maior problema? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 07:46 (UTC)
- Tranqui, seguirei preguntando.--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2019 ás 09:00 (UTC)
- Pois pregunta Agremon :), onde tes o maior problema? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 07:46 (UTC)
- Estas cousas seguirán a escapárseme...--Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2019 ás 07:30 (UTC)
- Agremon, houbo froito, púxenlle o modelo de commons "anonymous-EU". Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 22:56 (UTC)
- A ver se hai froito!--Agremon(contacto) 20 de febreiro de 2019 ás 22:22 (UTC)
O prometido, débeda. esta licenza, https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/igo/ pode usarse? --Agremon(contacto) 22 de febreiro de 2019 ás 12:37 (UTC)
- Si Agremon, esta é a tradución. É a mesma licenza que a cc-by-sa pero para organizacións intergobernamentais. A única diferenza q atopo coa CC-BY-SA é o que di de que "as disputas resolveranse por mediación e arbitraxe a non ser que haxa un acordo diferente.", pero iso non afecta ó seu uso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 22:19 (UTC)
- A ver se me vai entrando... Grazas!--Agremon(contacto) 23 de febreiro de 2019 ás 07:38 (UTC)
Dereitos de imaxe tras o artigo 13
[editar a fonte]HombreDhojalata, sabes en que queda arestora o de subir fotos de fachadas de edificios, co gallo do artigo 13? Eu tiña entendido xa de antes, que os arquitetos dicían que tiñan que dar permiso para publicar unha fachada aínda que a foto a faga un. Eu queía facer algún artigo verbo do tema pero non sei se podo usar fotos de edificios ou esculturas públicas. --Luis Reynaldos (conversa) 31 de marzo de 2019 ás 09:52 (UTC)
Corrixir Bandeira Nunca Máis
[editar a fonte]Na entrada Nunca Máis, a imaxe non é a da bandeira orixinal de Nunca Máis. Mudádeo, por favor.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Liquidambarr (conversa • contribucións) 1 de abril de 2019 ás 23:07
- Liquidambarr, non podemos poñer a bandeira orixinal porque ten dereitos de autor, a bandeira que está no artigo é o máis semellante posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2019 ás 07:33 (UTC)
Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana
[editar a fonte]Boas, Banjo e máis eu estivemos falando nesta conversa sobre unha nova forma de xestionar as imaxes da semana, a ver que vos parece.
A idea é reducir o traballo e a presión de ter que escoller sempre novas imaxes para a portada, xa que as propostas e a participación neste proceso hai veces que baixa máis do debido e nalgunha ocasión xa nos atopamos co problema de que non había foto para a portada do día. Esta proposta tenta evitar esta situación e que, de forma automática, sempre haxa unha foto para a portada.
Actualmente hai case 15 anos de fotos da portada xa escollidas, de gran calidade na súa maioría, o que fai case 800 fotos. A idea é reutilizar esas fotos xa que aínda que unha foto se repita cada x anos na portada non será case apreciado. Isto non quere dicir que non se vaian ir escollendo novas fotos de calidade, ese proceso seguirá existindo e as fotos sairán cando lles toque.
A maiores, Banjo propuxo que as imaxes se cambien diariamente, entón como temos unhas 800 fotos, as imaxes comezarían a repetirse despois de pasados aproximadamente dous anos. Este tempo de repetición irá aumentando a medida que se vaian engadindo máis fotos á "bolsa".
O funcionamento do novo sistema sería, máis ou menos, como segue:
- Coas fotos que xa están escollidas, crearíase unha lista ordenada pola data en que foron escollidas
- Habería que crear un proceso para eliminar fotos de menor calidade ou repetidas (hai algunhas nos primeiros anos) e tamén un proceso para escoller unha data na que se quere que apareza unha foto concreta (polo tema de efemérides e demais).
- O proceso de escolla de imaxes actual seguiría a manterse, e as fotos escollidas dese xeito engadiríanse na lista na data de escolla 7 días (se non teñen solicitada unha data concreta para ir a portada)
- Con esa lista ordenada iríase publicando de forma automática a imaxe do día sen ter que estar pendentes de que haxa unha foto escollida, unha tarefa de mantemento menos!
O sistema non está creado, está funcionando na cabeza de Banjo :), pero non imos facer que se rompa os cornos con el se á comunidade non lle interesa aplicar esta idea, polo que esperamos os vosos comentarios, concordos, discordos, dúbidas, etc.
Se vemos que hai un consenso en usar este sistema, comezaremos a desenvolvelo, e cando estea listo faremos unha votación para que sexa aceptado formalmente pola comunidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2019 ás 14:35 (UTC)
- Soa moi ben. Por min adiante. --Atobar (conversa comigo) 30 de maio de 2019 ás 16:47 (UTC)
- Adiante, graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2019 ás 19:21 (UTC)
- A proposta soa máis que ben!! . Por min adiante! Moitísimas grazas a ambos polo traballazo. -Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2019 ás 19:34 (UTC)
- Adiante, graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2019 ás 19:21 (UTC)
- Cara ao vento.--HacheDous=0 (conversa) 30 de maio de 2019 ás 19:35 (UTC)
- Pareceme moi boa idea. Adiante —o anterior comentario sen asinar foi feito por Viascos (conversa • contribucións)
- Tamén de acordo. Ben pensado.--MAGHOI (conversa) 1 de xuño de 2019 ás 17:46 (UTC)
- Adiante. --Chairego apc (conversa) 1 de xuño de 2019 ás 20:42 (UTC)
- Boa idea. Lles (conversa) 3 de xuño de 2019 ás 08:02 (UTC)
- Non hai votación, está saíndo por aclamación! --Agremon(contacto) 4 de xuño de 2019 ás 16:52 (UTC)
- Paréceme moi boa idea tirar maior proveito do traballo xa realizado. Parabéns pola idea.--Aprofa (Dime algo aquí) 5 de xuño de 2019 ás 06:50 (UTC)
Fai falta axuda para facer as listas de fotos de cada ano en Conversa módulo:Imaxe do día/lista1, eu levo feitas algunhas pero o proceso é moi lento porque hai que copiar as descricións coas ligazóns da páxina Wikipedia:Imaxe da semana/Arquivo/2008 asociada e adaptalo todo ó formato da lista. A min facer a lista de cada ano lévame máis dunha hora, e só vou no 2008... Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2019 ás 16:57 (UTC)
Mapas traducidos
[editar a fonte]Unha consulta: cando se traduce un mapa ao galego, súbese a Commons ou só na wiki en galego?--Nicole (conversa) 10 de xuño de 2019 ás 11:03 (UTC)
- Nicole, o mellor é subir todo a Commons, xa que é o servidor central de imaxes das Wikipedias en tódalas linguas. De feito, hai unha categoría específica para eles: Commons:Category:Maps in Galician, a maiores das categorías que poidan ter polo seu tipo.Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xuño de 2019 ás 12:21 (UTC)
Comarcas
[editar a fonte]Boas! Alguén sabe se hai mapas de comarcas naturais, históricas, extensión de dominios das principais casas feudais galegas na Idade Media? Creo que serían imaxes moi interesantes para engadir aos respectivos artigos. Eu non teño nin idea de como se fan estes mapas, sería por se alguén ten interese en facelos e acceso a esa información. É só unha idea, non unha petición nin encargo nin nada parecido, simplemente é algo que se me acaba de ocorrer, sen máis. Saúdos! Piquito (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 12:43 (UTC)
- Eu teño algunha información sobre isto recollida aquí e aló. se alguén ten tempo e capacidade para facer mapas eu colaboraria no que puidesese.
Xa existe algún mapa pola rede no que inspirarse como este: https://frornarea.blogspot.com/2012/08/gallecia-era-millesima.html (eu non son ese cossue)
ou este de Henrique Monteagudo: http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2013_O-seculo-de-Xelmirez.pdf#page=432&zoom=auto,-332,601.
Por outra parte o usuario One2 ten un feito sobre o condado de Trastámara -> https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Territorio_de_Trastámara_(cos_castelos).png se cadra anímase a facer algún outro
Cossue (conversa) 12 de outubro de 2019 ás 06:34 (UTC)
- Piquito, en La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media veñen varios mapas dos condados do noroeste da Galicia actual en diferentes alturas. Nun deles baseeime para facer o mapa mencionado enriba por Cossue. Gustaríame facer máis algún, mais non prometo nada.
- Alén disto, dicir que antes das comarcas da Xunta, algúns autores fixeran as súas propostas comarcais. Por exempo, na enciclopedia Galicia Eterna falábanse dalgunhas comarcas, mais non de todas. Unha proposta de mapa comarcal completo dábase en Aproximación a una división comarcal de Galicia. Estes mapas varían dependendo dos criterios históricos, naturais e/ou económicos seguidos. One2 (conversa) 12 de outubro de 2019 ás 13:38 (UTC)
- One2, non é un encargo nin nada parecido, era só unha idea por se a alguén lle parecía interesante e sabía como desenvolvela. Eu non teño coñecementos para facer iso. Supoño que se irán creando os mapas co tempo, simplemente iso, o deixaba por se a alguén non se lle correra, parecíalle ben e se animaba a ir facendo algún. Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de outubro de 2019 ás 10:42 (UTC)
Primeira foto subida e xa me arrepinto
[editar a fonte]Recoñezo que isto da Wikipedia cústame bastante. Teño tres fotos feitas que quería achegar ao artigo de "A Ponte de Domingos Flórez". Empecei por unha premendo en subir ficheiro bastante pouco preocupado porque a fixen eu mesmo e ninguén me pode protestar por ela con lerias de licenzas e dereitos de nada. O que pasa é que non sei como manexala. O primeiro que quixen foi cambiarlle o nome, e non puiden. Segundo, a idea é que esa foto estivese nun artigo e non sei como poñela nel. Sinceramente, non sei onde está nin como pode alguén chegar a vela. E xa por último, por se algunha vez aprendo e me animo a subir máis e logo me boto para atrás, ¿como se borra calquera cousa que un crea na wikipedia? Xa sexa un artigo ou unha foto. Grazas pola paciencia de explicarmo a quen a teña. --Ogaiago (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 19:58 (UTC)
- Ogaiago a foto está en Ficheiro:A vella ponte que da nome á vila.JPG e HombreDHojalata xa a engadíu ó artigo. A foto está perfectamente indicada coa súa autoría e licenza, non ten problema ningún.
- Para engadila nun artigo o mellor é que mires o que se explica en Wikipedia:Como engadir imaxes pero se tes calquera dúbida pregunta aquí de novo, ou onde vexas mellor :).
- Para cambiar o nome hai que darlle á pestana "Mover", se non che aparece esa pestana ó mellor é que non tes permisos e entón terías que solicitalo no taboleiro dos administradores.
- Se queres borrar algo, un artigo ou un ficheiro, podes poñer nel o modelo {{Lixo|motivo para o borrado}} e cando un administrador vexa o aviso xa a borrará. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2019 ás 08:58 (UTC)